_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Xunta e Fegamp ratifican a Vilagarcía como “Concello Emprendedor” no marco do programa “Doing Business”

Vilagarcía xa é oficialmente “Concello Emprendedor” no marco do programa “Doing Business Galicia” promovido pola Xunta de Galicia e a FEGAMP co obxectivo de facilitar a implantación e creación de empresas nos municipios da comunidade. A comisión técnica de seguimento do programa vén de ratificar a candidatura de Vilagarcía tras comprobar que o Concello cumpre con todos os requisitos especificados no protocolo.
24.01.2019.- Con este distintivo, Vilagarcía identifícase como Concello que promove e facilita a creación de empresas no termo municipal a través, por exemplo, de bonificacións fiscais para iniciativas que supoñan a ampliación de empresas xa en funcionamento ou a posta en marcha doutras novas, todo iso ligado á creación de novos postos de traballo.

Aínda que Vilagarcía xa contaba con diversas bonificacións tanto para particulares coma para empresas, para adaptarse aos requisitos do protocolo Doing Business, o ano pasado creáronse novos descontos a emprendedores en impostos como o IBI, o ICIO e o IAE. A aprobación destas novas bonificacións realizouse a través do trámite de revisión das ordenanzas municipais que entraron en vigor o 1 de xaneiro. Para incentivar á creación de emprego, establécense bonificacións por tramos, que poden chegar ata o 95% do importe do recibo, e que se fixan en función do número de postos de traballo creados. En principio, as bonificacións terán unha aplicación de 3 anos, tendo os beneficiarios que xustificar convenientemente a creación de postos de traballo e o mantemento dos mesmos ao longo do período no que se lles aplicará o desconto fiscal.

Aínda que as directrices da administración autonómica en relación ao “Doing Business” só se refiren a empresas, o executivo socialista decidiu ampliar as bonificacións aos autónomos, co obxectivo de que tamén se poidan beneficiar delas os pequenos emprendedores, sector de bastante importancia na economía local.

O cumprimento do protocolo “Doing Business” tamén permitirá ao Concello ter prioridade á hora de acceder a determinados programas e axudas da Xunta de Galicia tendentes a incentivar a creación de emprego, como obradoiros e plans de emprego.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -