_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O goberno propón ao Pleno dedicar a Ramiro Carregal a Praza de Fexdega

O goberno local de Vilagarcía elevará ao Pleno dúas propostas relativas a render homenaxe a dúas persoas que, por motivos diversos, tiveron ou teñen especial relevancia na vida social, cultural e deportiva do municipio. A primeira iniciativa propón que a piscina leve o nome de Celestino Brianes Lojo e a segunda, dedicar a Ramiro Carregal a Praza de Fexdega.
24.10.2019.- O recoñecemento a Celestino Brianes partiu directamente do executivo socialista tras o recente falecemento do fundador e presidente do Club Natación e Salvamento Vilagarcía e unha figura indispensable no deporte local das últimas décadas. Brianes Lojo participou do atletismo, do baloncesto, do fútbol e da natación, dirixindo delegacións federativas ou promovendo a creación de clubs. Tamén foi un dous promotores e fundadores da actual Fundación Municipal de Deportes, da que foi vicepresidente e vocal en distintas ocasións e na que aínda ocupaba unha das vogalías do Consello Reitor. Ademais, Celestino participaba de forma activa con outros colectivos culturais da cidade, por exemplo coa organización da semana Náutica, e colaboraba con accións sociais da parroquia.

Por outra banda, a proposta de dedicar unha rúa ou praza a Ramiro Carregal foi solicitada pola Fundación Amigos de Galicia e pola Asociación Arosa Fútbol 7, dúas das entidades coas que o propietario de Frinsa ven colaborando dende hai anos de forma altruísta, financiando e patrocinando accións e programas sociais da primeira, e a organización do torneo deportivo da segunda. De aprobarse a proposta de denominar Praza Ramitro Carregal ao emprazamento da Maroma, este sería o segundo recoñecemento que recibiría o empresario ribeirense pola labor de mezenazgo que leva a cabo en Vilagarcía, posto que en 2014 xa lle fora concedido o título de Fillo Predilecto da Cidade.

A Corporación Municipal pronunciarase sobre estas dúas propostas na sesión ordinaria do Pleno a celebrar o vindeiro xoves, 31 de xaneiro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -