_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Adxudicada a renovación das varandas do Paseo de García de Caamaño

Os traballos comezados hai uns días para substituír as varandas do río do Con aos seu paso polo Parque da Xunqueira terán continuidade en breve coa substitución dos elementos protectores no tramo que discorre tras a Praza de Abastos. A Xunta Local de Goberno acordou onte adxudicar esta nova fase da obra á Marconsa por importe de 98.455 euros. Ademais de cambiar as varandas, a actuación prevé a plantación de árbores, mellora da iluminación da zona peonil e a instalación de papeleiras.
22.01.2019.- Con esta nova actuación, as varandas das dúas beiras do último tramo do curso do Con -o que discorre entre a ponte de Vista Alegre e a avenida Valle Inclán- renovaranse por completo, seguindo a estética prevista no tramo actualmente en execución -o que discorre en paralelo ao Parque da Xunqueira, dende a ponte peonil do arco de Vista Alegre ata a de Doutor Tourón-. O material principal a usar será o aceiro cortén, sólido e resistente ao paso do tempo.

Pero o proxecto non remata aí, xa que inclúe outras melloras para resaltar a zona peonil e de esparexemento. De feito, prevese a mellora de iluminación na zona verde situada na desembocadura do río, concretamente no “triángulo”. E o paseo García de Caamaño gañará en atractivo coa inclusión de árbores pegados á beira do río para xerar zonas de sombra e proporcionar un toque natural ao conxunto. Ademais, prevese a instalación de papeleiras de aceiro cortén.

O proxecto de renovación das varandas do río completarase cunha terceira fase aínda non contratada: a de restauración das varandas de malla da ponte de Vista Alegre. Neste caso manterase a tradicional tipoloxía da malla que tanto caracteriza a ponte da zona monumental, aínda que cambiarase de material.

Tras a execución destas tres fase, o último tramo do leito fluvial do Con presentará unha imaxe integral e moderna, resaltando o conxunto do privilexiado marco monumental no que se atopa, e tamén gañará en seguridade con elementos máis sólidos e consistentes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -