_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
Os controis de velocidade realizados en decembro saldáronse coa detección de 27 infraccións

A última campaña de control de velocidade realizada pola Policía Local de Vilagarcía saldouse coa detección de 27 infraccións por exceso de velocidade en vías limitadas a 50 quilómetros por hora. Os controles realizáronse ao longo do mes de decembro en distintas vías da cidade, a diferentes horas do día e en distintos días. Este tipo de medidas desenvólvense de xeito continuado ao longo do ano co obxectivo de disuadir aos condutores de superar os límites indicados, no marco das accións para previr a sinistralidade de tráfico e reducir a gravidade dos accidentes.
21.01.2019.- Todos os controis realizados nesta última campaña desenvolvéronse en vías limitadas a 50 e que, debido as súas características, soen rexistrar vehículos circulando a maior velocidade, co conseguinte risco, especialmente para os peóns, por tratarse de vías en zonas urbanas. En concreto, o radar móbil da Policía realizou medicións en Pablo Picasso, Rúa Montiño (O Vento-Cea), Valentín Viqueira (Carril),Vilar (Bamio), O Vento (Cea) e Agustín Romero.

O maior número de vehículos superando a velocidade permitida detectouse en Valentín Viqueira. A entrada a Carril foi escenario dun total de 10 infraccións con velocidades que oscilaron entre os 62 e os 70 quilómetros por hora. O radar captou a outros 8 vehículos circulando por riba do límite de 50 a rúa Vilar, en Bamio. Nestes casos, as velocidades medidas aos infractores situáronse entre os 63 e os 73 quilómetros hora.

A baixada do Pousadoiro, en concreto na Rúa Montiño de O vento, tamén soe ser escenario de numerosas infraccións por exceso de velocidade. Nos controis realizados en decembro detectáronse nesta vía 7 vehículos circulando entre 62 e 67 quilómetros por hora. Na rúa O Vento, so se detectou a un coche por riba dos 50 quilómetros por hora (circulando a 65 qm/h.), ao igual que en Agustín Romero (a 64 qm/h). Nesta ocasión, non se detectou ningunha infracción na rúa Pablo Picasso.

A Policía Local de Vilagarcía continúa durante o mes de xaneiro realizando controis de velocidade nas vías do municipio utilizando o radar móbil municipal, tanto en vías limitadas a 50 como no casco urbano, onde predomina a Zona 30, como medida de calmado de tráfico e protección aos peóns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -