_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Servizos Sociais presenta ao Plan Concellos o programa de obtención do carné de conducir para persoas en risco de exclusión

Os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía repetirán en 2019 o programa de Formación Vial para a Inserción Laboral posto en práctica por primeira vez no ano 2016. A iniciativa ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral de persoas en risco de exclusión que polos seus propios medios, non tería a oportunidade de costearse o gasto de formación e obtención do carné de conducir necesario para poder acceder a determinados postos de traballo. O departamento que dirixe Tania García solicitou a inclusión do proxecto no Plan Concello 2019 da Deputación, co obxectivo de que o organismo provincial financie parte do seu custe.
17.01.2019.- O orzamento necesario para levar a cabo a iniciativa ascende a 10.500 euros, dos cales o Concello solicita 9.000 á Deputación a través da liña 2.4 do Plan Concellos, destinada a actividades e servizos relacionados co benestar social. Os 1.500 euros restantes correrán por conta do Concello.

De aprobarse a solicitude, o programa permitiría financiar a formación teórico e práctica e os exames para que 15 persoas en risco de exclusión ou en situación de vulnerabilidade poidan sacar o carné de conducir B. Con elo amplíanse as súas condicións de empregabilidade, posto que contar co permiso de conducir é un requisito que moitas empresas esixen para contratar novo persoal ou que as persoas precisan para poder aceptar traballos noutras localidades ás que teñen que desprazarse diariamente a zonas ás que o transporte público non chega ou non se axusta aos horarios laborais.

O programa financiará a matrícula no centro de formación correspondente (autoescola), o material didáctico necesario, a formación teórica e as prácticas, así como as taxas de exame e de posible renovación.

Os participantes nesta iniciativa serán designados polos Servizos Sociais entre as persoas que xa están participando noutros programas do Plan de Inclusión e que cumpran o requisitos de estar empadroados en Vilagarcía. Trátase, en todo caso, de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, ou vítimas de violencia de xénero, que carecen de emprego e cun nivel de ingresos insuficiente para poder sacar o permiso de conducir polos seus propios medios.
A medida enmárcase na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 na que se establecen como prioritarias as actuacións tendentes a favorecer a inserción laboral nun mercado de traballo inclusivo e a promover a inclusión social e a empregabilidade mediante estratexias de cualificación a través de recursos educativos e de formación para o emprego.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -