_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O espectáculo de humor da TVG “Malo será!” chega este venres a Vilagarcía para gravar un novo capítulo con público en directo

A caravana da Televisión de Galicia fai este venres unha nova parada en Vilagarcía. Malo será!, o programa itinerante que achega a televisión aos teatros de todo o país, gravará un dos programas da súa segunda temporada no Auditorio Municipal da capital do Ría de Arousa. Dúas horas de humor protagonizadas polos mellores cómicos da escea galega, aos que se unirá como convidada especial para este programa a cantante e actriz Eva Iglesias.
10.01.2019.- Malo será! é un espectáculo gravado en falso directo que achega todo o que rodea á televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia, e que á vez permite aos espectadores da Televisión de Galicia gozar cun espectáculo de teatro desde as súas casas. Trátase dunha sucesión sketches cómicos que acompaña unha banda de música en directo, e que protagonizan as grandes estrelas da comedia do noso país.

Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Marita Martínez, Santi Romay, Axel Fernández, Iria Lamas e Isi serán as actrices e actores cos que poderá gozar o público de Vilagarcía este venres. Un elenco liderado por Marta Doviro, a presentadora deste exitoso formato que o pasado verán obtivo sensacionais datos de audiencia na televisión, e encheu en todos e cada un dos teatros nos que estivo.

As entradas para o espectáculo pódense mercar desde 6 euros a través de Ticketea.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -