_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Fexturrón conclúe cunha asistencia récord de máis de 70.000 persoas

O balance da programación de Nadal desenvolvida polo Concello non pode ser máis positivo. Á altísima participación na Tomas das Uvas ou a presenza masiva de público nas rúas para desfrutar a Cabalgata de Reis –nos dous casos, con presenza da televisión- hai que sumar a gran afluencia de público ao Fexturrón, o programa de animación que se desenvolveu no pavillón de Fexdega dende principios do mes de decembro. De feito, foron máis de 70.000 as persoas que se achegaron ao recinto durante ese mes, o que supón unha nova marca de asistencia: preto de 2.500 persoas ao día.
07.01.2019. Sen dúbida, a gran atracción deste ano foi o tobogán de xeo, único nas súas características na oferta lúdica do Nadal en Galicia. Isto, xunto coa pista de xeo, xa coñecida doutros anos, as constantes actividades de animación (talleres, magos, contacontos, etcétera) e, sobre todo, uns prezos moi baixos (6 euros por 8 fichas para os carruseis ou os coches de choque) fixeron do Fexturrón un reclamo para un público que, segundo puido constatar a organización, veu dun amplo radio: dende Santiago a Vigo pasando, obviamente, por todo O Salnés e o Barbanza.

A interacción a través das redes sociais –acadando ata 40.000 persoas-, a publicidade, a decoración e o boca a boca fixeron que o Fexturrón e Vilagarcía se convertera nunha referencia do Nadal non só na cidade senón en boa parte de Galicia. “Dende logo, estamos moi satisfeitos. Sempre se pode mellorar, pero á vista das moitas felicitacións que recibimos e do que puidemos comprobar cada día no pavillón, é evidente que as actividades de ocio do Nadal van a mais e isto anímanos a seguir mellorando e apostando polo Fexturrón e o resto do programa do mes de decembro e xaneiro”, estima Sonia Outón, concelleira de Cultura. A tamén concelleira de Xuventude lembra que todo ese programa contribuíu de forma notable á animación das rúas o que, paralelamente, serviu de impulso ao comercio e á hostalería local.

Só o Fexturrón supuxo un investimento de 20.000 euros por parte do Concello, ademais das infraestruturas propias de Fexdega e o traballo de distintos departamentos municipais. Foi isto o que fixo posible que a entrada ao recinto fóra gratuíta –a diferencia doutras experiencias similares- e que os prezos foran tan atractivos: a pista de xeo custou 6 euros por unha sesión de 45 minutos, pero ademais a tarifa plana de 10 euros permitía gozar dunha sesión sen límite de tempo e un ata cabía a posibilidade de obter un bono de 10 sesións de 45 minutos cada unha polo prezo de 54 euros. Para o resto das atraccións, os bonos de 8 tickets tiveron un prezo de 6 euros, é dicir: 0,75 centímetos por unha volta nos autos de choque, por exemplo. Á maioría das traccións, incluído o tobogán de xeo, puido subirse cun só ticket, mentres que para o teatro virtual (6D) e o jumpig eran necesarios 2 tickets por persoa e viaxe.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -