_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello aproba a segunda fase da rexeneración urbana de Matosinhos, na que investirá 502.000 euros

O Concello de Vilagarcía dispón xa do proxecto da segunda fase da Renovación Urbana do Entorno de Matosinhos. A actuación valorada en 502.000 euros financiarase con fondos municipais, con cargo ao superávit dos orzamentos de 2017 e a intención do executivo que preside Alberto é comezar os traballos nos primeiros meses do ano 2019, unha vez que remate a primeira fase que se está executando nestes momentos. O proxecto renovará e modernizará por completo a imaxe e os servizos desta céntrica zona que aínda mantiña a estética dos anos 80.
29.12.2018.- A primeira fase do proxecto de Matosinhos centrouse no acceso principal ao barrio dende a avenida Doutor Tourón, a contorna da Escola Infantil Municipal incluído un tramo da beirarrúa de Doutor Tourón, e un tramo da avenida Matosinhos. Estes traballos están xa moi avanzados e neles investíronse 265.873 euros.
No que á segunda fase se refire, os traballos localizaranse en tres zonas: O parque propiamente dito e a saída cara a rúa Matosinhos; seguirase coa beirarrúa de Doutor Tourón ata o cruce coa Rúa Xunqueira, e acondicionarase a parada de bus e a zona peonil fronte ás torres Caixanova.

A maior superficie corresponde ao Parque. Aquí está prevista unha actuación que cambiará por completo a estética da zona verde, cun deseño que combinará zonas de céspede con plantación árbores e arbustos. Os alcorques disporán de iluminación empotrada no chan e instalarase novo mobiliario urbano, como bancos cúbicos e luminaria de diferentes alturas e de tecnoloxía led.

Tamén se renovará por completo a zona infantil, na que se instalarán novas e orixinais estruturas e xogos repartidos por todo o parque.

Continuarase o acondicionamento da beirarrúa de Matosinhos paralela ao Parque e actuarase nos pasos entre os edificios, aos que se lles dará un tratamento acorde co resto do entorno. Ademais, garantirase a accesibilidade nestes corredores mediante a construción de ramplas para salvarán a diferenza de nivel existente entre a rúa e o parque.


O espazo comprendido entre o fronte da Torre Caixanova e a parada de bus tamén se reformará para que gañe máis atractivo mediante a creación de zonas verdes entre os corredores de paso peonil. Un tratamento similar terá a beirarrúa oposta, que se remodelará dende onde remata a actuación da primeira fase das obras, ata o cruce coa rúa Xunqueira. Nesta esquina crearase outra zona verde e habilitarase un espazo para estacionamentos.
Igual que na primeira fase, o proxecto inclúe ademais a renovación e ampliación dos servizos públicos como abastecemento de auga e, especialmente, saneamento e pluviais. De feito, e dado que se trata dunha zona con especial risco de asolagamento, está prevista a creación de zonas permeables que faciliten o drenaxe natural das augas.


Pese a executarse en dúas fases, o proxecto de Renovación Urbana do Entorno de Matosinhos deseñouse como un todo, seguindo os mesmos criterios estéticos e construtivos, e na procura dos mesmos obxectivos. A idea é ordenar axeitadamente os espazos verdes, de descanso e ocio, e integralos convenientemente no contexto urbano e residencial no que se emprazan, de xeito que favorezan a dinamización dunha zona na que o movemento que rexistra na actualidade limítase ás horas de entrada e saída dos centros educativos situados nela, e apenas é utilizada polos veciños pese a tratarse dun barrio densamente poboado.

Para elo, tense en conta a mellora das comunicacións internas e a súa conectividade cara o resto da cidade; a correcta distribución do tráfico rodado e das zonas de aparcamento, que se separan das zonas de tránsito de peóns para unha maior seguridade destes. Ademais, créase unha zona completamente accesible, na que desaparecen as barreiras arquitectónicas.

Os materiais a utilizar son duradeiros, resistentes e de fácil mantemento. Para as zonas de circulación de vehículos e de peóns combinarase o formigón con zonas de lousa hidráulica. As superficies de formigón trataranse de diverso xeito, tanto na disposición de cortes para simular xeometrías, como nas texturas e cores, a efectos darlle un aspecto máis natural e heteroxéneo.


Unha vez aprobado o proxecto, redactaranse os pregos co obxecto de sacar a obra a licitación. A intención do goberno é que os traballos poidan comezar nos primeiros meses do ano. O prazo de execución é de 6 meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -