_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello investirá 268.000 euros en arranxar o solado da terraza do Auditorio

O Concello investirá 268.670 euros en arranxar o solado da terraza do Auditorio Municipal. A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión desta semana a memoria da actuación, que prevé a impermeabilización de toda a superficie para evitar os problemas de filtracións ás dependencias do Auditorio, sitas baixo a terraza, e a fixación das lousas que conforman o solado. A obra financiarase no marco do Plan Concellos da Deputación do ano 2019.
28.12.2018.- Os problemas da terraza do Auditorio son de sobra coñecidos e comezaron a evidenciarse ao pouco tempo de inaugurase o edificio, no ano 2003. Dende entón, as lousas que conforman o solado da gran terraza que da acceso á entrada principal do edificio, comezaron a soltarse ou romperse debido ao desgaste dos pivotes sobre os que van apoiados. A situación,a demais de representar unha incomodidade para as persoas que transitan a zona, tamén deron pe a constantes filtracións de auga e humidades aos baixos do Auditorio, onde se emprazan, entre outras, as dependencias do Conservatorio Municipal e dos Locais de Ensaio.

Pese a que nos últimos anos se teñen efectuado pequenas obras de reparación e mantemento do enlousado da terraza, os problemas persisten, facéndose preciso levar a cabo unha actuación integral que afecte a toda a superficie e que se encargue de arranxar tanto os problemas de inestabilidade das lousas como das filtracións. A actuación plantéase baixo criterios que garantan a conservación, durabilidade e funcionalidade da obra.

A actuación que se propón na memoria consiste no levantamento de todo o enlousado da terraza, o saneamento e impermeabilización completa da superficie e a reposición do solado reforzando o sistema de ancorado das lousas de granito. Para garantir a fixacións das lousas e impedir que se movan e rompan, proponse pegar ao firme os pivotes dos extremos e engadir un no centro para aportar estabilidade e repartir o reparto de cargas. Aproveitaranse as lousas en bo estado e substituiranse as que xa estean rotas ou en mal estado.
Aproveitando esta actuación, a memoria tamén prevé mellorar a accesibilidade ao Auditorio para o cal construirase unha rampla para salvar o actual banzo que existe entre a terraza e a entrada principal ao edificio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -