_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello adxudica a humanización da Rúa Cervantes a Montajes J.M. Iglesias por 224.506 euros

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de hoxe adxudicar a Montajes J.M. Iglesias as obras de humanización da Rúa Cervantes, en Carril, por importe de 224.506 euros, 88.656 euros por debaixo do prezo de licitación. Quince empresas concursaron para facerse coa que será a primeira fase da obra que renovará por completo a imaxe e os servizos desta céntrica rúa co casco vello carrilexo.
26.12.2018.- A adxudicataria da humanización da Rúa Cervantes é a mesma empresa que está executando a humanización ad Praza da Independencia. No caso da obra de Carril, unha vez iniciados os traballos (para o cal deberán cumprimentarse previamente os trámites de presentación de documentación e forma do contrato), a firma terá un prazo de 6 meses para rematar a obra.

Con esta actuación, o executivo que preside Alberto Varela continúa coa súa política de humanización, renovación de servizos, mellora estética e de accesibilidade das rúas dos cascos urbanos. Precisamente por responder a todos estes criterios, a obra inclúese no programa "Vilagarcía Avanza" e finánciase con fondos europeos a través da liña EDUSI para actuacións en ámbitos urbanos.

O proxecto da arquitecta Lucía Araújo Castiñeiras elaborouse en ás premisas básicas marcadas polo goberno de ordenar de xeito estruturado e diferenciar a zona peonil da de paso de vehículos, xa que a rúa manterá a circulación nun só sentido e tamén contará con prazas de aparcamento

A actuación afectará a unha superficie de 1.724 metros cadrados e consistirá en establecer unha plataforma nun so nivel no que as beirarrúas diferenciaranse do carril de circulación mediante o xogo de diferentes pavimentos e cores, posto que se combinará o uso de lousas e adoquíns de formigón prefabricado. A zona de paso de vehículos será de formigón.

Os traballos permitirán renovar as redes de saneamento, pluviais e abastecemento de auga, así como canalizar os tendidos eléctricos e de telecomunicacións. As beirarrúas dimensionaranse para garantir a accesibilidade, e a mellora estética completarase coa creación de zonas verdes e novo mobiliario urbano. Tamén se renovará o alumeado público cos elementos máis estéticos e eficientes enerxeticamente, e incluirase iluminación no chan para realzar as zonas verdes.

A actuación inclúe a creación dunha pequena prazoleta ou zona de recreo na subida á Rúa Castillejos, e se reformará a praza próxima á estrada xeral, establecendo unha especie de barreira natural que mellore tanto a seguridade neste punto, como a súa imaxe.

O Concello de Vilagarcía optou por iniciar as humanizacións en Carril por esta rúa debido ao mal estado que presentaban as redes dos servizos básicos (auga e saneamento), como o propio pavimento, que se estaba a afundir en diversos puntos. Ademais, a actuación revalorizará e potenciará esta céntrica rúa que atravesa parte do casco histórico de Carril.

Esta obra constitúe a primeira fase dun proxecto ao que o executivo socialista pretende dar continuidade con actuacións similares noutras rúas da localidade, como a Aduana.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -