_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
51 parellas de municipios galegos, nacionais e do estranxeiro elixiron o Concello de Vilagarcía para casar en 2018

O Concello de Vilagarcía segue sendo un lugar de referencia entre os vilagarciáns -e incluso veciños doutras localidades galegas, españolas e europeas-, para celebrar o seu casamento civil. Durante o ano 2018 un total e 50 parellas contraeron matrimonio en Ravella. Repetindo o título acadado o ano anterior, Lino Mouriño foi en 2018 o concelleiro máis casamenteiro, con 17 vodas oficiadas, aínda que a clasificación final quedou moi axustada, xa que as súas compañeiras de goberno, Tania García e Paola María, o seguiron moi de cerca con 11 cada unha delas.
24.12.2018.- Un dos datos máis significativos que se extraen do libro de actas de vodas é que cada vez son máis as parellas non residentes en Vilagarcía que elixen o consistorio de Ravella para celebrar o seu casamento. En total foron 11 as vodas nas que os dous membros da parella tiñan residencia noutros municipios. Algúns tan próximos como A Coruña, Cambre, Redondela e Moaña, Ribeira, Vilaboa e Pontevedra ou Pontecesures. Outros doutras comunidades nacionais, como Valencia ou Madrid. Ademais, as vodas no Concello de Vilagarcía acadaron a internacionalidade, xa que tamén se casaron nel unha parella residente en Francia e outra en Holanda.

A diversidade é outro dos factores que queda reflexado no libro de vodas, posto que 5 das actas son de matrimonios civís entre persoas do mesmo sexo.
Do rexistro tamén se pode extraer cal foi a época máis demandada para casar: Mentres que nuns anos a primavera e o outono despunta, nesta ocasión o verán foi a temporada máis solicitada. De feito, nos catro meses que van de xuño a setembro concentráronse 35 das 50 celebracións realizadas durante o ano. Setembro, con 14 casamentos, foi o mes con maior actividade e febreiro o único de todo o ano no que Ravella non acolleu ningunha voda. O día do ano no que se concentraron máis casamentos foi o 1 de setembro, con 4 celebracións.

En canto ao dato global, o número de casamentos civís celebrados no consistorio descendeu respecto a 2017, ano excepcional no que se rexistrou a marca histórica de 64 vodas.

A competencia de oficiar os casamentos civís nun Concello corresponde ao alcalde que, non obstante, pode delegar en calquera membro da Corporación por asuntos de axenda ou a petición expresa dos noivos. Como consecuencia a esta disposición, o equipo de goberno oficiou 47 casamentos, distribuídos entre os edís Lino Mouriño (17), Paola María (11), Tania García (11), o alcalde Alberto Varela (5), e os concelleiros Sonia Outón (2) e Argimiro Serén (1). Pero tamén casaron os edís da oposición Lucía Veloso (1 voda), José Manuel Longa (1), Gaspar Somoza, (1) e Rocío Llovo (1).

Voda administrativa ou cerimonial

Os noivos que elixen o Concello para casar poden optar pola voda administrativa ou pola cerimonial. As primeiras poden celebrarse de luns a venres en horario laboral do Concello e consisten na firma da documentación na Alcaldía. A voda cerimonial pode celebrarse polas tardes, fins de semana ou festivos. Teñen lugar no Salón Nobre e a escalinata principal do Concello cóbrese coa alfombra vermella.

Dende o ano 2007, as vodas cerimoniais conlevan a aplicación dunha taxa correspondente aos gastos de apertura do Concello fora de horario laboral e do persoal preciso para a posta a punto do salón nobre. Dende 2015, a taxa mantense 78,05 euros.

Tamén nesto das vodas civís cambian as modas e costumes. Duns anos cara aquí estanse a celebrar vodas cerimoniais tamén en días laborais, a petición dos noivos e cada vez son máis as parellas que optan por celebrar a cerimonia civil no mesmo lugar no que ofrecen o banquete, como pazos ou casas rurais. Debido a esta costume cada vez máis habitual, en 2016 comezouse a cobrar quilometraxe polo desprazamento do concelleiro que vaia a oficiar unha voda fóra do termo municipal. A suma será a que por convenio se paga aos traballadores do Concello: 0,19 euros por quilometraxe.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -