_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello ensanchará o camiño de O Lago, en Castroagudín, e dotarao de saneamento

O Concello de Vilagarcía continúa co seu plan de mellora das infraestruturas do rural. A última actuación licitada é a obra de ensanche e dotación da rede de saneamento no camiño de O Lago, na parroquia de Castroagudín, na que a administración municipal investirá case 50.000 euros. O goberno local da resposta deste xeito a unha demanda trasladada polos veciños da zona que debido aos escasos 3 metros de ancho dos que dispón actualmente o camiño, non podían acceder cos vehículos ata as súas vivendas.
20.12.2018.- A actuación promovida pola Concellería de Obras e Servizos que dirixe Lino Mouriño prevé actuar ao longo de 114 metros do camiño. Para poder darlle máis ancho é preciso facer un desmonte e construír un muro de contención en mampostería da mesma lonxitude que permita asegurar a estabilidade do talude de terra. O muro construirase con pedra granítica e terá unha altura variable de ata 3 metros. Para a súa execución deberá executarse previamente a escavación e cimentación.


Aproveitando esta obra, e para continuar coas labores de ampliación dos servizos básicos no rural, o Concello prevé neste mesmo proxecto ampliar a rede de saneamento de Castroagudín, para o cal instalará ao longo deste camiño os colectores do servizo municipal que se conectarán no entronque que da servizo á parroquia. Esta medida permitirá que as vivendas emprazadas ao carón do camiño de O lago poidan conectarse a rede pública de saneamento.

A ampliación deste servizo materializarase coa instalación dun colector de PVC de 315 milimetros de diámetro, nunha lonxitude de 100 m, e coa execución das pertinentes obras complementarias de escavación de gabias, pozos de rexistro e conexión coa rede xeral.

A obra saíu a licitación por importe de 49.668 euros e un prazo de execución de 2 meses.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -