_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Dez empresas presentan ofertas para xestionar o servizo municipal de axuda no fogar

Un total de 10 empresas concursan para facerse co contrato do Servizo Municipal de Axuda no Fogar (SAF) que o Concello de Vilagarcía vén de sacar a contratación. A licitación do servizo permitiu ao goberno local incluír nos pregos importantes melloras -como a ampliación das horas de prestación para poder atender a maior número de persoas dependentes- e tamén apostar pola calidade, tanto do servizo que recibirá o usuario, como das condicións laborais dos traballadores. O contrato ten un prezo de licitación anual de 1.1.32.563 euros (IVE incluído) e unha duración de 4 anos, coa posibilidade dun máis de prórroga.
15.12.2018.- Co novo contrato, o SAF de Vilagarcía incrementa o número de horas de servizo a realizar, que chegarán as 61.461 horas anuais, repartidas en 55.924 en días laborais e 5.537 de domingos e festivos. Este aumento de horas vai na liña que xa estaba a seguir o executivo socialista de ir ampliando o servizo para poder chegar ao maior número de persoas dependentes que precisan de apoio externo para o desenvolvemento da súa vida cotiá e /ou os seu coidado persoal.

A intención do departamento que dirixe Tania García non se limita a poder seguir ampliando o número de usuarios do SAF. Un obxectivo igual de importante é garantir e seguir elevando a calidade do servizo. Por esta razón, o Concello de Vilagarcía fixou neste novo contrato un dos prezos por hora de servizo dos máis elevados de toda Galicia. Con iso asegúrase unha atención máis coidada e completa ao usuario e tamén garantir as condicións laborais dignas para o persoal que prestará o servizo.

De feito, as cláusulas sociais que se introduciron nos pregos relacionadas coa contratación do persoal de Axuda a Domicilio foron previamente consultadas e consensuadas cos representantes sindicais dos traballadores do actual servizo, que terán que ser subrogados pola nova adxudicataria.
Por outro lado, e no marco desta mesma filosofía orientada á calidade, o departamento que dirixe Tania García tamén decidiu que, por primeira vez, as os criterios técnicos das ofertas que realicen as empresas puntúen máis que os económicas na valoración para decidir a adxudicación.

25 novas altas no último trimestre

Independentemente das avantaxas que supoña o novo contrato unha vez que se adxudique e entre en vigor, os Servizos Sociais municipais xa levan traballando nos últimos anos na ampliación progresiva do SAF realizando un importante esforzo orzamentario para poder dar cobertura ao maior número de persoas dependentes, tanto na modalidade de dependencia valorada como na de libre concorrencia.

Nesta liña, o pasado mes de outubro o SAF ampliouse coa concesión de 1.393 horas máis a prestar cada mes na modalidade de dependencia valorada. A medida supuxo un incremento orzamentario do 43% neste servizo cofinanciado por Xunta e Concello, esforzo que a administración local decidiu asumir para conseguir poder chegar a máis persoas deste colectivo especialmente vulnerable.
O resultado desta medida foi que entre outubro e decembro, os Servizos Sociais de Vilagarcía deron de alta no Servizo de Axuda no Fogar a 25 novos usuarios con dependencia valorada.

En 2017, o SAF do Concello de Vilagarcía contou na súa modalidade de dependencia con 76 usuarios (53 mulleres e 23 homes), número que ao remate do actual exercicio elevarase ata o centenar, grazas a ampliación horaria que entrou en vigor en outubro. E o número de beneficiarios continuará medrando coa entrada en vigor do novo contrato.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -