_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONSUMO
Os alumnos do obradoiro Labora desenvolven unha campaña de información ao consumidor de cara ás compras de Nadal

Os alumnos do módulo de Atención ao cliente, consumidor e Usuario do Obradoiro do Obradoiro de Emprego "Labora Xove 2018", están a desenvolver estes días unha campaña para sensibilizar e informar aos consumidores á hora de realizar as compras da temporada de Nadal. A actividade, que forma parte das prácticas previstas no programa formativo, céntrase en aspectos como os agasallos responsables, as novas tecnoloxías, a elección de xoguetes seguros e os dereitos que asisten ao consumidor.
14.12.2018.- O material gráfico conta con lemas como “Ollo, os videoxogos non son un xogo” e “Este Nadal, regala tecnoloxía, pero con cabeza”, nos que se ofrecen consellos sobre o uso responsable e seguro destes equipos. E co cartel “Regala imaxinación”, aconsellan agasallar aos máis cativos da casa con xoguetes sen pilas que potencien a creatividade e o maxin dos nenos e nenas.

No apartado de material máis informativo e textual, repartirán outro tipo de cartel cun Decálogo de concellos para a adquisición de xoguetes e xogos non sexistas non violentos; outro sobre como diferenciar o certificado de calidade e garantía de seguridade dos produtos fabricados en Europa respecto aos que se fan en China, onde os requisitos e controis son menos estritos; e outro sobre o procedemento e normativa que asiste ao consumidor á hora de facer devolucións.

Os alumnos repartirán cartelería informativa nas Oficina de Información ao Consumidor (OMIUC) do Concello e na da asociación de Amas de Casa e Consumidoras “O Noso Lar”. Bo parte da campaña desenvolverase a través de redes sociais, aspecto que se aborda tamén no programa formativo do obradoiro. Para elo crearon o seu propio blogue https://proconsumatoreclat.wordpress.com , onde informan e resolven dúbidas dos consumidores. A campaña tamén terá presenza nas redes sociais Facebook, Instagram, Pinterest, Linkedin e Youtube, nas que os alumnos comparten e xeran contidos relacionados coa atención ao cliente, así como sobre os dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -