_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Concellería promove novas actuacións para continuar mellorando a xestión dos residuos no Punto Limpo

No marco das accións que leva a cabo Concello de Vilagarcía para unha axeitada xestión dos residuos, a Concellería de Medio Ambiente ten programadas novas actuacións para continuar mellorando o funcionamento do Punto Limpo. O Concello inviste 16.500 euros nos traballos de separación dos entullos depositados nos últimos meses nas instalacións de Pinar do Rei e, a través dun programa da Deputación de Pontevedra, acometeranse diversas actuacións tendentes a ampliar e facer máis cómoda e eficaz a recollida de aparatos eléctricos, electrónicos e electrodomésticos, os denominados RAEES.
12.12.2018.- O Concello xa contratou os traballos de separación de materiais de entullo que se van acumulando cada certo tempo nas instalacións froito do depósito que van facendo particulares e tamén dalgunha obra municipal. Este tipo de actuación lévase a cabo de xeito periódica e consiste na selección e separación de terra dos restos de madeira e dos entullos propiamente ditos. Deste xeito, redúcese o volume de residuos a tratar (ao quitarlle o único elemento natural que non precisa tratamento, a terra) e facilítase a correcta xestión dos residuos restantes: madeira por un lado e entullos polo outro. Estes tritúranse e reutilízanse nun caso como astelas ou barutas para mesturar en procesos de compostaxe e no outro en forma de grava para material de recheo de baches. Os traballos foron adxudicados á firma Medio Ambiente Caamaño e xa se están realizando.

Por outra banda, Vilagarcía é un dos nove municipios da provincia que participan no programa medioambiental da Deputación para mellorar a xestión dos RAEES. Os técnicos do organismo provincial xa visitaron as instalacións de Pinar do Rei para inspeccionar o servizo e determinar as actuacións que se poden levar a cabo para optimizar este servizo. Nos vindeiros meses presentarán ao Concello o proxecto definitivo e concretaras e o investimento a realizar.

Dado que o Concello acometeu hai ano e medio unha remodelación importante das instalacións destinadas á mellorar xestión específica destes residuos, a impresión dos técnicos tras a visita apunta a que so sería preciso realizar pequenas melloras, tales como instalar tapas nas tolvas , algún letreiro ou dotar áo servizo de material de pesaxe. Non obstante, as actuacións concretas e o orzamento das mesmas especificaranse no proxecto que se está redactando. O custe da súa execución asumirao a Deputación.


60.000 euros. investidos en 2017

O Concello de Vilagarcía investiu 60.000 euros nos traballos executados a principios de 2017 no Punto Limpo para mellorar o funcionamento do servizo. As obras consistiron na construción de 4 novas tolvas (que se suman ás 5 existentes inicialmente) que proporcionan maior capacidade de almacenamento e unha separación máis minuciosa dos residuos. As novas tolvas situáronse na parte posterior ás cinco existentes e para dar acceso ás mesmas aos vehículos de depósito e de recollida. Tamén se acondicionou a explanada posterior mediante a execución dunha nova soleira e se construíu unha rede de drenaxe para garantir que os restos líquidos procedentes dos residuos nos decanten directamente na terra.

Estas obras acometéronse para paliar a grave situación de abandono e desorde na que o executivo socialista atopou o Punto Limpo ao acceder ao poder. Dende entón, e de forma periódica, continúan realizándose traballos de mellora e mantemento para garantir o correcto funcionamento deste servizo

Servizo Gratuíto para os vilagarciáns

Vilagarcía é un dos escasos concellos no que a utilización do Punto Limpo é completamente de balde para os seus veciños. Con isto preténdese potenciar os eu uso por parte da cidadanía, de xeito que non acudan ao servizo a depositar os residuos dos que non se poden desprender a través da recollida doméstica habitual. O Punto Límpo so o poden utilizar particulares, nunca negocios ou empresas que, por lei, teñen que ter contratada a xestión dos residuos que xera a súa actividade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -