_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Servizos Sociais amplía o plantel cunha educadora social destinada á erradicación do chabolismo

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía continúa incrementando o seu plantel co obxectivo de seguir mellorando a atención aos seus usuarios e poñendo en marcha novos programas. A última medida neste sentido tivo lugar este mesmo mes de decembro coa incorporación dunha educadora social destinada en exclusiva ao programa de erradicación do chabolismo que se vén de poñer en marcha. A profesional traballará coas familias que viven en infravivendas co obxectivo de orientalos de cara a súa reintegración socio- laboral que lles facilite o acceso e permanencia nunha vivenda digna.
11.12.2018.- Esta nova contratación enmárcase no proxecto de erradicación do chabolismo deseñado polos servizos Sociais e presentado á Xunta de Galicia, que financia, xunto co Concello, os custes da contratación da Educadora Social.

Con esta nova contratación, os Servizos Sociais pasaron de ter 1 só educador social en 2015 aos 3 dos que dispón na actualidade. De forma paralela, neste período tamén se reforzaron os medios humanos no apartado de traballadores sociais –que pasaron de 5 a 7- e mesmo no de auxiliares administrativos de 2 a 3.

Nos primeiros meses do mandato, o reforzo realizouse exclusivamente con contratacións temporais que se cubrían mediante bolsas e subvencións de programas doutras administracións; sistema ao que se segue recorrendo. Logo, no primeiro orzamento elaborado polo actual goberno socialista, creouse unha praza máis de traballador social para Servizos Sociais, o que permitiu en outubro de 2016 crear e poñer en marcha a cuarta UTS e reorganizar o servizo, co obxectivo de optimizar os recursos e axilizar a atención aos usuarios. En 2018 entrou en funcionamento a segunda Unidade de Educación Familiar, coa contratación doutro educador social.

Unha das primeiras tarefas que se marcou García Sanmartín ao facerse cargo da Área de Benestar foi reforzar a plantilla do departamento, unha necesidade consecuencia do forte incremento de usuarios que rexistraron os Servizos Sociais nos últimos anos a raíz da crise económica. Esta medida é esencial para poder axilizar os trámites para a prestación de servizos e axudas aos usuarios e dar cobertura coa maior celeridade posible aos casos de maior urxencia. Esta medida foi acompañada dun importante aumento dos orzamentoes destinados aos Servizos Sociais e tamén á ampliación das axudas e programas que se prestan dende o Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -