CONCELLO
A rúa Loureiro péchase a partir de hoxe para mellorar a rede de recollida de pluviais A rúa Loureiro, de Trabanca Sardiñeira, péchase temporalmente ao tráfico partir de hoxe para poder levar a cabo unha obra de mellora da rede de recollida de pluviais que demandaban uns veciños da zona. Con esta actuación o Concello implementa a rede existente, introducindo novas canalizacións que eviten as filtracións de auga que estaban a sufrir algunhas vivendas da rúa cando chovía de forma copiosa. A vía permanecerá pechada, previsiblemente ata o venres.
12.12.2018.- Os traballos contratados polo Concello teñen un custe de 12.840 euros que costean cos fondos resultantes das baixas aplicadas nas adxudicacións de obras financiadas polo Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación.