_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Deputación da vía libre á obra de mellora da accesibilidade da rúa Os Duráns

A remodelación e humanización do barrio dos Duráns, comezará en breve coa primeira das actuacións proxectadas polo goberno local: a Mellora de Accesibilidade na Rúa Duráns. A Deputación Provincial de Pontevedra vén de dar vía libre á actuación ao autorizar o investimento de 48.397 euros correspondentes á liña 1 do Plan Concellos, polo que o Concello contratará as obras nas vindeiras semanas. A actuación prevé ensanchar unha das estreitas beirarrúas existentes na actualidade co obxecto de aportar comodidade aos peóns, especialmente para os que teñan problemas de mobilidade, e permitir o paso e acceso de cadeiras de rodas ou carros de bebés.
05.12.2018.- O proxecto que se vai a levar a cabo de xeito inminente afectará á rúa Os Duráns, a que parte da Praza Xoán XXIII e é o principal acceso ao populoso barrio. Neste momento, a rúa conta con beirarrúas a ambos lados, pero moi estreiras (en puntos apenas superan o medio metro) e con numerosos desniveis en forma de escalóns. As dimensións da rúa impiden ensanchar ambas beirarrúas polo, se opta os ampliar a que presenta maiores facilidades e menos desniveis, é dicir á que sube dende Xoán XXIII á man dereita, que contará con 3 metros de ancho do cruce con Xoán XXIII ata o de Eduardo Pondal. Aínda así, será preciso eliminar unha das liñas de estacionamento, aínda que o barrio non perderá capacidade de aparcamento grazas a que hai uns meses o Concello abriu o estacionamento público e de balde ao remate da rúa Aquilino Iglesias, co que o saldo resulta positivo.

A obra prevé a construción da nova beirarrúa en formigón tratado e inclúe a mellora dos servizos básicos que discorren baixo ese tramo da vía sobre o que se actuará.

Esta será a primeira obra de accesibilidade e mellora estética que o executivo de Alberto Varela ten previsto levar a cabo no barrio dos Duráns. A segunda consistirá na peonalización e humanización do primeiro tramo de Aquilino Iglesias Alvariño, que tamén sufrirá unha importante mellora estética.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -