_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O Delegado do Goberno en Galicia visita Vilagarcía para coñecer “in situ” as demandas e necesidades da cidade

O delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, achegouse hoxe a Vilagarcía para coñecer “in situ” e polo miúdo as necesidades e demandas do Concello que son de competencia estatal. O representante en Galicia do executivo de Pedro Sánchez foi recibido no consistorio polo alcalde, Alberto Varela, onde mantivo unha primeira xuntanza de traballo co goberno local e posteriormente visitou varios emprazamentos do municipio que son obxecto de proxectos ou de peticións ao Goberno de Madrid. O responsable gubernamental comprometeuse a elevar e xestionar ante o Executivo do Estado as demandas de Vilagarcía e desbloquear iniciativas bloqueadas durante anos polo anterior goberno.
16.11.2018.- Losada, que acudiu acompañado da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maika Larriba, comezou a súa visita a Vilagarcía asinando no libro de honra do Concello para pasar a manter unha primeira toma de contacto coas necesidades do municipio na que se apuntaron temas como a segunda fase da renovación do paseo marítimo, o establecemento da parada do AVE na conexión ferroviaria a Madrid, o acordo do Concello co Plan Nacional sobre Drogas para a adquisición directa da casa Jaureguizar incautada a Marcial Dorado, a dotación de máis axentes na Comisaría da Policía Nacional, a petición para uso como aparcamento da parcela anexa aos Xulgados e a construción no novo cuartel da Garda Civil.

En relación á segunda fase do Paseo Marítimo, o delegado explicou que finalmente a obra non atopou partida nos orzamentos de 2018, tal como estaba previsto, porque os escasos recursos cos que se atopou o departamento de Costas co cambio de goberno, tivéronse que destinar ás actuacións de emerxencia para paliar os danos dos temporais no litoral do sur e levante. Non obstante, asegurou que xestionará ante a Secretaría de Estado a inclusión da obra nos orzamentos de 2019 nos que se está traballando.
En relación á demanda de que o AVE a Madrid conte cunha parada en Vilagarcía, o delegado lembrou as recentes xestións realizadas polo alcalde ante o Ministro de Fomento. Losada destacou a receptividade amosada por Ábalos e anunciou que mañá mesmo trasladará a petición á presidenta de Adif durante a visita que ten programada a Vigo, insistindo ademais na importancia que esta medida ten para o desenvolvemento económico e turístico de Vilagarcía e a súa comarca, tal como argumentou o alcalde.
Javier Losada tamén se referiu as axudas á rexeneración e rehabilitación de vivendas que o Estado concedeu a Vilagarcía a través da Xunta de Galicia e no marco do programa das Áreas de rehabilitación, que este ano permitirán actual en 12 edificacións dos cascos vellos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril.

O alcalde agradeceu o interese amosado por Losada por coñecer de primeira man as necesidades de Vilagarcía, en contraposición co seu predecesor que “en tres anos e medio non atopou tempo de visitar á oitava cidade de Galicia”.
Pola súa banda, o representante do goberno en Galicia asegurou que marchaba de Vilagarcía “con moitas notas tomadas e con moitos deberes para facer”. Losada comprometeuse a facer as xestións organismos pertinentes.

O delegado do Goberno tamén mantivo un encontro coa directiva da asociación de comerciantes Zona Aberta que demandan cambios lexislativos en defensa do pequeno comercio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -