_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A renovación do alumeado do rural comezará pola substitución de 1.330 puntos de luz de 23 camiños

O goberno local de Vilagarcía pretende renovar a totalidade do alumeado público nas zonas do rural de Vilagarcía co obxecto de mellorar a calidade do servizo e continuar coa políticas de aforro e eficiencia enerxética. A medida levarase a cabo de forma progresiva, comezando cunha primeira fase, xa proxectada, consistente na substitución de 1.330 puntos de luz en 23 camiños rurais. O proxecto ten un custe de 193.843 euros.
14.11.2018.- Esta actuación consiste na substitución das actuais lámpadas por outras de tecnoloxía led, que consumen moita menos enerxía e melloran a calidade lumínica. En concreto, adquiriranse 810 unidades de luminarias de vial LED de 50 watios e 520 de 30W. Consecuentemente, a adaptación á tecnoloxía LED suporá a redución dun 69,23% respecto ao consumo eléctrico actual nestas zonas, o que monetariamente se traduce nun aforro anual de 69.164 euros, segundo se indica na memoria realizada polos Servizo Municipal de Electricidade.

Os tramos do alumeado público que serán obxecto desta primeira fase de renovación do alumeado público no rural son a Rúa Xiabre (xunto á canteira), Rúa do Cruceiro de Galáns, Rúa do Pazo, Rúa Combe, Rubiáns de Arriba, Rúa Veiga de Abaixo, lugar de Xesteira, carreteira Piñeiro, Rúa Canteira e Campo da Festa (A Laxe), lugar de O Lago, Rúa San Antonio (Faxilde), Rúas Amizade e Progreso (A Torre), Rúa Sobradelo e Campo da Festa, Rúa Sarxento Solla, Rúa Espiñeiros (Cea), Rúa Lagoa, Vilar de Arriba, Fontecarmoa (xunto a rotonda da vía rápida), Quintáns- carreteira Zamar, Praza Lino Arcos Salgado e Río Leiro (Zamar), Rúa Souto e Cornazo de Abaixo (Cornazo), Rúa Antuín (Trabanca Badiña), Calle Sobreira e Urbanización O Rial, Rúa As Carballas e Rúa Curvelas (Cea).

O goberno local eleva ao Pleno extraordinario previsto para mañá a súa proposta de financiar esta actuación con parte dio superávit de 2017.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -