_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Quince empresas presentan ofertas para executar a humanización da Rúa Cervantes, en Carril

O procedemento de contratación da primeira fase do proxecto de humanización da Rúa Cervantes en Carril, ven de completar un novo trámite tras pecharse onte o prazo de presentación de ofertas. Un total de 15 empresas concorren ao concurso para facerse coa obra que sae cun prezo de licitación de 313.162,44 euros (IVE incluído) e que renovará totalmente a imaxe e os servizos da céntrica rúa carrilexa.
14.11.2018.- Agora, os servizos técnicos deberán revisar as propostas para comprobar que reúnen os requisitos legais e, posteriormente, avaliar cada unha das ofertas, dende o punto de vista técnico, xurídico e económico. Os prazos que manexa o goberno local é que a obra se poida adxudicar antes de que remate o ano. Unha vez iniciados os traballos, a adxudicataria disporá dun prazo de 6 meses para completar a obra.

Con esta actuación, o executivo que preside Alberto Varela continúa coa súa política de humanización, renovación de servizos, mellora estética e de accesibilidade das rúas dos cascos urbanos. Precisamente por responder a todos estes criterios, a obra inclúese no programa "Vi9lagarcía Avanza" e financiarase con fondos europeos a través da liña EDUSI para actuacións en ámbitos urbanos.

O proxecto da arquitecta Lucía Araújo Castiñeiras elaborouse en ás premisas básicas marcadas polo goberno de ordenar de xeito estruturado e diferenciar a zona peonil da de paso de vehículos, xa que a rúa manterá a circulación nun só sentido e tamén contará con prazas de aparcamento.

A actuación afectará a unha superficie de 1.724 metros cadrados e consistirá en establecer unha plataforma nun so nivel no que as beirarrúas diferenciaranse do carril de circulación mediante o xogo de diferentes pavimentos e cores, posto que se combinará o uso de lousas e adoquíns de formigón prefabricado. A zona de paso de vehículos será de formigón.

Os traballos permitirán renovar as redes de saneamento, pluviais e abastecemento de auga, así como canalizar os tendidos eléctricos e de telecomunicacións. As beirarrúas dimensionaranse para garantir a accesibilidade, e a mellora estética completarase coa creación de zonas verdes e novo mobiliario urbano. Tamén se renovará o alumeado público cos elementos máis estéticos e eficientes enerxeticamente, e incluirase iluminación no chan para realzar as zonas verdes.

A actuación inclúe a creación dunha pequena prazoleta ou zona de recreo na subida á Rúa Castillejos, e se reformará a praza próxima á estrada xeral, establecendo unha especie de barreira natural que mellore tanto a seguridade neste punto, como a súa imaxe.

O Concello de Vilagarcía optou por iniciar as humanizacións en Carril por esta rúa debido ao mal estado que presentaban as redes dos servizos básicos (auga e saneamento), como o propio pavimento, que se estaba a afundir en diversos puntos. Ademais, a actuación revalorizará e potenciará esta céntrica rúa que atravesa parte do casco histórico de Carril.

Este proxecto constitúe a primeira fase dun proxecto ao que o executivo socialista pretende dar continuidade con actuacións similares noutras rúas da localidade, como a Aduana.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -