_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adquire o chalé de Doutor Tourón para darlle un uso social para as persoas maiores

O Concello de Vilagarcía adquire o inmoble do número 3 da Avenida Doutor Tourón para destinalo a uso social relacionado co terceira idade. A compra farase de forma directa, ao aceptar o Plan Nacional Sobre Drogas a proposta que o alcalde, Alberto Varela, lle trasladou directamente á delegada do goberno para o Plan na xuntanza que mantiveron hai uns días en Madrid. Froito deste acordo, o Plan retira a casa do lote de propiedades incautadas por delitos relacionados co narcotráfico que se vai a subhastar a finais deste mes, e véndella directamente ao Concello polos 170. 047 euros que estaban fixados como prezo de saída.
10.11.2018.- O goberno que preside Alberto Varela decidiu facerse coa propiedade deste chalé por dúas razón fundamentais. A primeira, seguir incrementando o patrimonio local e garantir a conservación de elementos arquitectónicos relevantes ou representativos da cidade, como é a “o chalé de Jaureguizar”. E en segundo lugar, ir paliando a carencia de locais públicos para destinar a usos sociais. De feito, esta será a finalidade que se lle dará ao céntrico inmoble unha vez acondicionado.

A propiedade sitúase no centro de Vilagarcía, na esquina das rúas Doutor Tourón en Fariña Ferreño. A finca ten unha superficie total uns 700 metros cadrados e a cada, propiamente dita, duns 500 divididos en dúas plantas e baixo cuberta.
O rexedor explicou que o Concello non podía desaproveitar unha oportunidade tan boa como a que se presentaba. A idea inicial de acudir á subhasta aínda pero a sabendas do encarecemento que conlevan as poxas dos demais interesados e contra as que o Concello, dificilmente, podería competir, o goberno local planteou a proposta da compra directa.

Varela manifestou a súa satisfacción polo resultado da xestión coa delegada do goberno para o Plan Nacional sobre Droga que, tras escoitar os argumentos do rexedor, aceptou retirar a casa da subhasta. Ademais, o alcalde pediu que se tivera en conta que o inmoble sería adquirido por unha administración pública e que o uso que se lle dará repercutirá en beneficio da sociedade, en consonancia cos principios do Plan Nacional sobre Drogas para os bens incautados ao narcotráfico. A receptividade de Azuzena Martí foi absoluta ao aceptar pechar a venta en 170.047 euros, mantendo o prezo de saída da subhasta, que se fixa por debaixo do valor de taxación en previsión de que as puxas o elevarán. Ademais, o Concello contará con facilidades de pago, posto que se lle permite incluír o investimento no presuposto e exorcizo económico de 2019.

Antes de pechar a comprar, técnicos do Concello realizarán unha inspección ao inmoble co obxecto de avaliar o seu estado, determinar as actuacións de rehabilitación que hai que executar e valorar o seu custe.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -