SERVIZOS SOCIAIS
O Concello mobilízase ante a crise alimentaria no Sáhara concedendo unha axuda extraordinaria de 1.500 euros O Concello de Vilagarcía volve a amosar a súa faceta máis solidaria dando resposta ao chamamento urxente realizado pola organización da Media Luna Roja Saharaui ante a crise alimentaria que se está a padecer nos campamentos de refuxiados. A Xunta de Goberno Local acordou onte conceder unha axuda extraordinaria de 1.500 euros á asociación Solidariedade co Pobo Saharaui, coa que o Concello leva anos colaborando de forma estable a través do programa de acollida “Vacacións en Paz”.
13.11.2018.- Esta subvención extraordinaria e con carácter concretarase a través da forma dun convenio de colaboración e, debido á urxencia que reviste esta crise alimentaria, concederase na modalidade de prepago, puidendo a entidade perceptora xustificar posteriormente o gasto da compra de alimentos.
A proposta deste convenio parte da Concellería de Benestar Social que dirixe a concelleira Tania García Sanmartín, departamento que tamén coordina os proxectos de cooperación internacional. Na súa proposta faise referencia a situación de emerxencia social e humanitaria que se está a producir nos campamentos de refuxiados do Sáhara pola falta de alimentos básicos, tal como alertou a Media Luna Roja Saharaui aos países participantes no Programa Mundial de Alimentos. A organización advirte.
Ademais. do previsible empeoramento da situación durante o Ramadán e a medida que as temperaturas vaian elevándose nas zonas desérticas, factores que terán graves consecuencias na saúde dos refuxiados, con especial incidencia en nenos, anciás e mulleres.
A subvención do Concello de Vilagarcía está destinada a mellorar a situación nutricional da poboación de refuxiados a través dunha maior estabilidade do aporte calórico mensual da canastra básica de alimentos.