_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Concellería convoca o Concurso de Carteis da Cabalgata de Reis de 2019

O Concello traballa xa nos preparativos da próxima visita a Vilagarcía das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Neste marco, a Xunta Local de Goberno aprobou hoxe as bases da convocatoria do concurso infantil de debuxo mediante o cal se elixirá o cartel anunciador da Cabalgata de Reis 2019. Como nas últimas edicións, será un certame aberto, no poderán participar a título individual nenos e nenas de 7 a 11 anos empadroados en Vilagarcía. O prazo de presentación de traballos remata o 3 de decembro.
12.11.2018.- O concurso de carteis convócase a título individual é dicir que calquera neno ou nena empadroado en Vilagarcía e con idade comprendida entre os 7 e os 11 anos poderá presentar un ou varios debuxos directamente. Só deberán cumprir os requisitos que se establecen nas bases. Os principais son que os traballos deben presentarse en formato A3, teñen que incluír no deseño o texto “Sábado, 5 de xaneiro ás 19:00 horas” e non pode figurar a firma do autor. Os datos persoais débense facer constar no reverso do traballo (nome e apelidos, enderezo e un número de teléfono).

Os concursantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre a título individual, posto que non se admitirán debuxos realizados por grupos. Os interesados en participar poden presentar os traballos a partir de xa nas dependencias de Cultura no Auditorio, de martes a venres en horario de 9 a 13 horas. O prazo remata o 3 de decembro.

O xurado concederase un premio único, que será o debuxo que se reproducirá no cartel anunciante da Cabalgata de Reis 2019. Si así o considerase necesario, a maiores concederase un accésit.
Como é costume, a Concellería de Cultura organizará unha exposición con todos os debuxos presentados ao certame.

As bases do concurso poden consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -