_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta non atenderá as queixas veciñais sobre as liñas de autobús ata que dispoña do Plan de Transporte

As deficiencias e carencias detectadas polos usuarios das liñas de autobuses en Vilagarcía non atoparán solución a curto prazo por parte da Xunta de Galicia, que deriva o estudo das mesmas aos traballos de elaboración do Plan de Transporte Público de Galicia que acaban de comezar. Isto foi o que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ven de comunicar ao Concello de Vilagarcía en resposta aos escritos asinados por máis dun cento de veciños do municipio solicitando a ampliación de horarios e servizos de autobús a determinados lugares do municipio.
08.11.2018.- O Concello remitiu en setembro á Consellería as queixas manifestadas polos usuarios do transporte urbano e interurbano de Vilagarcía, dado que a ordenación e concesión das mesmas son competencia autonómica.
Entre as demandas expostas polos usuarios atopábanse a ampliación xeral de frecuencias nas liñas do transporte urbano que dan servizo a zonas como Cea, Trabanca Badiña, Trabanca Sardiñeira e A Torre (algunha das cales non dispón de ningún servizo de tarde e só conta con un ou dous pola mañá); a creación de liñas para lugares como Lago, Fontecarmoa, Castroagudín, Galáns, Rubiáns aos que na actualidade non chega o bus urbano; a ampliación do horario de tarde-noite nas liñas a Bamio e O Rial e a prolongación do percorrido na zona do Freixo.

No escrito recibido polo Concello, a Consellería da por boas as alegacións realizadas polas empresas prestadoras dos servizos afectados (Exprés de Tabeirós, grupo Abalo e Transportes Núñez Barros) que conclúen que "os tráficos atópanse debidamente atendidos". En consecuencia, o departamento autonómico no adopta ningunha medida correctora ao respecto, limitándose unicamente a lembrar que os concellos deben trasladar á administración autonómica as posibles demandas ou necesidades de transporte das que teña constancia, no marco das reunión e conversas do Plan de Transporte Público de Galicia, algo que o Concello de Vilagarcía xa fixera con anterioridade. A atención das demandas veciñas queda, polo tanto, á espera de que se aprobe o Plan de Transporte Público de Galicia cuxa complexa elaboración atópase nunha fase moi incipiente do proceso.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -