_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
O Concello adquire unha partida de 17 novos chalecos anti bala para a Policía Local

O Concello de Vilagarcía continúa coa súa política de mellora de medios para a Policía Local, neste caso coa adquisición de novos chalecos anti bala para os axentes. O Goberno Local aprobou a adquisición de 17 chalecos de autoprotección e 30 fundas de uso exterior para chalecos, co obxecto de ir completando a equipación de toda a plantilla policial. O custe da compra ascendeu a 14.838,71 euros.
31.10.2018.- O material policial será subministrado pola empresa Galicom Comunicaciones S.L. O lote componse de 2 chalecos de autoprotección femininos e 15 masculinos. Todos eles son de uso exterior e anti bala, anti puzón e anti navalla. As 30 fundas exteriores para chalecos son para uso persoal dos axentes e irán serigrafiadas en peito e costas.

Estes 17 chalecos sumaranse aos 11 xa existentes e a idea é adquirir máis remesas para que todos dos axentes poidan contar co seu chaleco persoal, adaptado a súa talla e sexo, dadas as diferenzas anatómicas entre home e muller.

Os 2 chalecos de muller asignaranse ás dúas axentes do servizo de Prevención, mentres que os 15 restantes, todos masculinos, iranse asignando aos axentes con maior presenza en rúa, como os do servizo do 092.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -