_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A Deputación aproba o financiamento para restaurar as varandas de malla da ponte de Vista Alegre

A Deputación Provincial de Pontevedra comunicou ao Concello de Vilagarcía a concesión, a través do POS 2018/19, da subvención de 13.975 euros para financiar a restauración das varandas de malla da Ponte de Vista Alegre. Unha vez aprobado o financiamento, e dado que a actuación dispón xa do permiso de Patrimonio, o servizo municipal de Contratación redactará os pregos para sacar a obra a licitación. A restauración das varandas tradicionais de Vista Alegre é a terceira e última fase do proxecto integral de renovación das varandas protectoras que o Concello levará a cabo dende a ponte de Doutor Tourón ata a desembocadura do Con.
29.10.2018.- A actuación a levar a cabo na Ponte de Vista Alegre e na baixada cara ao Parque da Xunqueira manterá a tipoloxía da rede de malla característica da ponte integrada do conxunto monumental. Restauraranse os elementos en mellor estado, que son os que forman a estrutura existente de fundición (pés, pasamáns e barra inferior). A rede de malla terá que substituírse xa que se atopa en moi mal estado e aos diferentes materiais utilizados en reparacións ao longo dos anos. A idea á manter a tipoloxía de celosía pero utilizando aceiro cortén, material máis resistente e que irá acorde co resto das varandas a instalar na Xunqueira e en García de Caamaño.

Precisamente, a renovación das varandas do parque da Xunqueira comezará a mediados de novembro, despois de que a empresa adxudicataria, Zona de Obra o Rosal, realizase os moldes e as probas previas pertinentes. A través desta primeira actuación, presupostada en 99.999 euros, substituiranse as varandas do río do Con no tramo do Parque da Xunqueira ata Doutor Tourón e tamén as do estanque. Este proxecto tamén se financia con cargo aos fondos provinciais, neste caso do POS 2017.

A última fase, a do paseo García de Caamaño (detrás da Praza de Abastos) atópase en fase de presentación de ofertas, polo que se adxudicará proximamente. Ademais de unificar a imaxe en toda a contorna da zona monumental de Vista Alegre, con esta actuación en concreto mellorarase a seguridade, dado que os actuais posamáns do último tramo do leito fluvial están bastante deteriorados. O proxecto tamén inclúe a mellora da iluminación na zona verde situada na desembocadura do río, concretamente no “triángulo”, e a plantación de árbores ao longo da marxe do Con.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -