_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
Castes consigue reunir na súa segunda reunión a 48 bodegas de catro países

O que comezou o ano pasado como unha “microfeira” do viño será dende agora unha feira independente do viño. Castes 2018 se celebrará o 25 de novembro na praza de abastos. E con dúas importantes novidades: por unha banda, acollerá o primeiro campionato de España de cata por equipos; e, por outra, ofrecerá a posibilidade de participar nun túnel do viño con 48 bodegas de catro países.
22.10.2018. O organizador do evento, Sito Dieste, propietario do espazo gastronómico Derby, explicou que o salto de calidade da primeira á segunda edición foi posible pola aposta que os propios viticultores e bodegueiros fan por Castes, un lugar de encontro para profesionais e afeccionados á vitivinicultura que poderán intercambiar experiencias e coñecer mellor o traballo que está a realizar fóra dos circuítos máis comerciais. Son pequenos produtores moi ligados á súa terra pero moi recoñecidos dentro e fóra de Galicia e España. De feito, en Castes haberá tamén presenza de viños de Francia, Italia e Portugal.

O evento se desenvolverá o día 25 de novembro, domingo, en horario de mañá e tarde. Pola mañá se celebrará o campionato de cata, que poderá ser seguido en directo polo público e a través da web http://www.castes.es . O prezo das entradas é de 18 euros, que poden ser adquiridas a través de Ticketea. O aforo está limitado a mil persoas.

Na presentación de Castes 2018 participaron tamén os patrocinadores e colaboradores privados, o grupo automobilístico Vepersa e a asociación de comerciantes da praza de Abastos, e o patrocinador institucional, o Concello. O alcalde, Alberto Varela, non dubidou en felicitar a Sito Dieste non só pola idea, que pon a Vilagarcía no mapa enolóxico e axuda a reivindicar a súa pertenza á D.O. Rías Baixas, senón por ser quen de colaborar cos praceiros na posta en valor dun edificio no que se está a facer un importante esforzo inversor.

Os interesados en coñecer todas as actividades previstas en Castes 2018 e mesmo adquirir as entradas teñen toda a información en http://www.castes.es .
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -