_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello pon en marcha a rehabilitación de Vázquez Leis, peza clave do conxunto histórico de Vilaxoán

“Vilaxoán é unha das zonas máis bonitos do noso Concello e é preciso poñelo en valor”. Así xustificou o alcalde, Alberto Varela, o proxecto de rehabilitación da rúa Vázquez Leis, unha peza clave do casco histórico vilaxoanés, que une a avenida de Vilanova coa praza de Rafael Pazos. A intervención, aplaudida pola asociación de veciños por tratarse dunha “demanda histórica”, ten un presuposto de case 300.000 euros e un prazo de execución de seis meses. As obras poderían comezar en xaneiro de 2019.
22.10.2018.- O arquitecto autor do proxecto, Juan Antonio Villanueva, foi encargado de expoñer os detalles técnicos dunha actuación que na súa mesma presentación, o sábado 20, espertou a curiosidade de moitos veciños que se achegaron ata a praciña de Vázquez Leis para coñecer as infografías que amosan como vai quedar a zona no futuro. A opinión xeral foi moi positiva.

A actuación abrangue case 1.300 metros cadrados e neles se creará unha vía para vehículos de formigón cepillado, similar ao utilizado noutras actuacións na cidade, que se complementará con beirarrúas de granito do país e unha zona de terra compactada para a praza propiamente dita, todo ao mesmo nivel e sen todos os atrancos que hai na actualidade. Novos árbores, bancos e farois de led completan a actuación á vista. De feito, segundo indicou o alcalde, case a metade do presuposto se destinará ao que non se ve: a renovación de todas as canalizacións e servizos soterrados, deixando incluso todo listo para que as diversas compañías subministradores poidan soterrar os cables, evitando así a súa anclaxe ás fachadas das casas.

Alberto Varela lembrou que un dos obxectivos dos fondos Feder é recuperar espazos, pero non só cunha finalidade estética, senón de xeración de beneficios económicos e sociais. Neste sentido, o presidente da asociación de veciños, Xoán Mariño, rememorou como naquela rúa e praza estaba o centro da actividade comercial da vila ata hai poucas décadas. O 90 por cento dos baixos tiñan actividade económico; hoxe, practicamente ningunha. Varela e Mariño coincidiron en que é necesaria a intervención pública para tratar de fixar a poboación de Vilaxoán. O alcalde, subliñando este aspecto, dixo que a actual construción da escola infantil municipal tamén contribuirá a ese obxectivo. Varela remarcou que os maiores investimentos deste mandato foron para Vilaxoán e mesmo anunciou a redacción dun plan especial para dinamizar esta vila.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -