_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O goberno de Varela conseguiu rebaixar a débeda municipal nun 56% en só tres exercicios

Nos tres exercicios económicos que ata agora lle tocou xestionar ao actual goberno, a débeda municipal reduciuse nun 55,65%, un dato suficientemente suxestivo pero que aínda podería ser maior cando se liquide o presuposto de 2018. A día de hoxe, o nivel de endebedamento do Concello é do 21,01%, mentres que en 2015 era do 47,4.
17.10.2018.- Sendo esta última unha boa cifra tendo en conta que a lei marca o límite do 75% para contratar libremente operación de préstamo, é evidente que o 21,01% non só garante esa independencia senón que demostra, por unha banda, a boa saúde económica e financeira do Concello e, por outra, a correcta xestión dos recursos públicos que vén realizando o equipo de Alberto Varela e especialmente a concelleira de Facenda, Luz Abalo.

Cando Varela accedeu á Alcaldía, en xuño de 2015, a débeda viva do presuposto corrente era de 12.504.000 euros; a día de hoxe esa cifra reduciuse ata os 5.642.489 euros. “Esta evolución é a demostración de que non só é posible, senón necesario, saber conxugar a contención da presión fiscal sobre os cidadáns cunha correcta xestión da recadación, o que permite seguir reducindo a débeda e incrementando os investimentos. E todo iso se traduce non só nunha mellor saúde económica do Concello, senón nunha mellor calidade de vida para os cidadáns”, valorou o alcalde.

No vindeiro pleno, o xoves 25, o goberno local dará conta do superávit final do exercicio de 2017, que foi de 1.947.000 euros. Das distintas posibilidades que a día de hoxe ofrece a lei para xestionar os superávits, o equipo de Varela estima que o correcto é destinar 1.251.793 euros á redución de débeda e o resto, 695.843, a investimentos financeiros sostibles, é dicir, obras ou servizos que haberá que determinar, aínda que o goberno local pretende que sexa a proxectos que xa están hoxe en marcha.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -