_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
A oficina de turismo atendeu unha media de 2.800 persoas ao mes durante o verán

A oficina municipal de Turismo do Cavadelo atendeu durante o pasado verán unha media de 2.800 persoas ao mes, o que fai un total de 11.217 entre maio e agosto. As cifras globais son moi similares aos dos últimos anos, si ben 2016 e 2017 foron excepcionais, como no resto de Galicia, con outras 1.000 persoas máis no mesmo período.
17.10.2018. Os datos estatísticos ofrecidos pola Oficina, e tendo en conta a evolución dos últimos anos, debuxan as características principais do turismo na cidade. Así, o viaxeiro de orixe nacional consolídase como o principal perfil: o 63,77% do turistas que visitan a oficina son españois, o 25,13% galegos e só o 11,01% estranxeiros. Dentro dos nacionais –excluíndo aos galegos a efectos estatísticos- destacan especialmente os procedentes de Madrid, que son case a cuarta parte (2314%), seguidos de Castela-León, Andalucía e Asturias, con medias entre o 15 e o 11%. A partir de aí, as porcentaxes comezan a baixar: Cataluña (8,78%), Cantabria (6%), País Vasco (5,5%), Valencia (5%), etcétera.

Dentro de Galicia, case tres cuartos dos visitantes proceden da provincia de Pontevedra (69,01%), repartíndose o resto entre a Coruña (18,8%), Lugo (8,32%) e Ourense (3,8%).

Con respecto aos turistas estranxeiros que se dirixen á oficina municipal, neste ano os máis destacados foron os alemáns, con case a metade das consultas (44%), seguidos dos franceses (15,5%) e británicos (9,22%). Despois veñen Portugal e Arxentina e a máis distancia: Países Baixos, Brasil, Estados Unidos, Irlanda, Suiza e Italia. As estatísticas de estranxeiros varían dun ano a outro segundo a número e procedencia de cruceiros (o ano pasado, de feito, foron máis os ingleses que os alemáns).

MODELO RESIDENCIAL
Outro dos datos relevantes que ofrecen as enquisas aos turistas é o modelo residencial: só un 25,8% utilizan os hoteis, sendo as casas de aluguer (27,4%) a forma de aloxamento preferido. No caso de Vilagarcía dáse tamén o caso de que un 18% máis declara estar aloxado e casas de familiares ou amigos, e outro 13% posúe una vivenda de segunda residencia na propia Vilagarcía, é dicir: os que se aloxan en casa propia ou de amigos suman o 31%. Os que usan caravanas ou campings apenas suponen un 4% respectivamente.

O outra gran conclusión que se extrae da evolución das estatísticas, pero especialmente neste ano, é o cambio de hábitos. As malas condicións meteorolóxicas de xullo fixeron que a chegada de turistas diminuíra e que as reservas para agosto se resentiran, tal e como pasou no conxunto de Galicia. Sen embargo, no mes de setembro houbo un repunte, que continuou na primeira quincena de outubro. Cada vez máis son os que prefiren o final do verán para viaxar, con menos agobios e, en xeral, mellores presos. No caso de Vilagarcía hai un dato ben elocuente: entre o 1 de setembro e o 15 de outubro a oficina de Turismo recibiu 4.248 visitas (95 persoas ao día), superando ás recibidas durante todo o mes de agosto (4.204).

O perfil do viaxeiro de setembro/outubro é dobre: por unha banda, o turismo de parella que busca tranquilidade e disfrutar sen presas nin aglomeracións da cultura e a gastronomía da terra; por outra, as numerosas excursións en autobús que teñen como destino Galicia tralo verán.

En canto aos medios de transporte, case a metade dos visitantes (47,36%) utilizan un vehículo propio ou de aluguer. Un 35% chega en autobús, un 6,7 faino en barco e os que fixeron en avión ou tren roldan o 5% respectivamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -