_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
“Cinco mulleres que comen tortilla” poñen o toque de humor á velada teatral do sábado

O ciclo de teatro galego continúa a vindeira fin de semana no Auditorio Municipal coa comedia “Cinco mulleres que comen tortilla”. A compañía Señora Supina porá en escena a versión galega desta obra estreada con gran éxito en Chicago e Broadway e que tamén contou co aplauso do público en numerosos países do mundo. En Vilagarcía, represéntase o sábado 20 de outubro, no Auditorio a partir das 21:00 horas.
13.10.2018.- “Cinco mulleres que comen tortilla” é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entra pola porta, asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony.

Sinopse

A Sociedade Susan B. Anthony, das Irmás de Gertrude Stein, celebra o seu tradicional Concurso Anual de Tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo: o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.

A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades e o medo ao descoñecido son os motores desta exitosa comedia internacional que foi estreada en Chicago antes de formar parte do New York Fringe, converténdose nun éxito absoluto do Off-Broadway e atrapando a milleiros de espectadores de Estados Unidos dende entón. Son moitos os países que acolleron a esta irmandade, acadando enorme éxito en Reino Unido, Australia e, en España, coa versión en castelán. Agora poderémola gozar, tamén en galego.

Compra de entradas e gratuidade

A entrada xeral custa 5 euros e pódese adquirir anticipadamente (máis custes de xestión) en http://www.ticketeca.com e no teléfono 902044226. Tamén estarán á venta o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas. O acceso será de balde para parados, estudantes e maiores de 65 anos que acrediten a súa condición no control de entrada do Auditorio mediante a presentación da tarxeta desemprego, carné xoven e DNI, respectivamente.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -