_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello introduce cámaras na rede de saneamento para detectar a orixe de filtracións e verquidos

O Concello de Vilagarcía continúa realizando actuacións de mellora do sistema de saneamento co obxectivo de acabar cos verquidos. Para logralo, estanse a introducir na rede cámaras de control remoto co obxecto de detectar filtracións ou roturas. A primeira consecuencia da utilización das cámaras son os traballos de renovación da rede que se están a levar a cabo na Rúa San Roque, á entrada das Carolinas, onde se están substituíndo 60 metros de canalización.
12.10.2018.- Coa actuación eliminarase a filtración á rede de pluviais que se estaba a producir nun punto deste tramo debido á presenza dunha fenda no vello tubo de formigón. O punto exacto no que se atopaba a fenda detectouse coa cámara de control remoto introducida co obxectivo de buscar a posible causa dos malos cheiros procedentes da desembocadura do regato soterrado da Coca. Coa obra, espérase que o problema quede resolto, aínda que de nos ser así, continuaríase buscando o orixe do mesmo.

Aínda que a única rotura atopada reducíase a ese punto en concreto, optouse por aproveitar a apertura da rúa para substituír un tramo de case 60 metros da rede, a efectos de continuar coa política de renovación e mellora do saneamento municipal que está a levar a cabo o goberno local. Deste xeito, o vello tubo de fibrocemento, bastante deteriorado debido a súa antigüidade e polo efecto do constante tráfico rodado que soporta a rúa San Roque, cambiarase por outro de PVC, material máis resistente e duradeiro.

O executivo local está realizando un importante esforzo económico para paliar o deficiente estado no que se atopa a obsoleta rede de saneamento, situación agravada pola falta de actuacións de mellora no anterior mandato. As obras de renovación e redimensionamento da rede que se están a executar nos últimos anos tamén teñen como obxectivo acabar cos verquidos que se producen por roturas dos vellos tubos.

Neste sentido, o Concello volverá a introducir cámaras na canalización que discorre pola Avenida Doutor Tourón, no tramo que vai do cruce de Alejandro Cerecedo ata a ponte sobre o Con. A intención é comprobar si hai algunha rotura que puidera ser a causa dun verquido ao río que se repite cada certo tempo por un sumidoiro de pluviais situado na ponte de Doutor Tourón. En caso de atoparse aí o problema, procederíase á renovación da rede. En caso contrario, continuaríase investigando a procedencia do mesmo.

En relación a este caso en concreto, a Xunta Local de Goberno, acordou na reunión desta semana informar a Augas de Galicia dos traballos que se están realizando para tratar de solventar o problema, a efectos de que consten no expediente como alegación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -