_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Festival Revenidas de Vilaxoán xera un impacto económico de 711.000 euros na comarca

O festival Revenidas de Vilaxoán xerou un impacto económico de 711.000 euros en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca, así como unha valoración xeral de 8,2 sobre 10 por parte do público que asistiu á súa 15ª edición entre o 17 e o 19 de agosto. Estes son algúns dos datos recollidos no estudo de avaliación da repercusión do encontro, elaborado ao abeiro da marca FEST Galicia, iniciativa posta en marcha este ano pola Xunta para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.
08.10.2018.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) promoveu a realización deste estudo, do que se encargou un equipo de traballo da Universidade de Santiago (USC). Os seus resultados, obtidos a partir de 1.230 enquisas directas a asistentes e das cifras facilitadas polo propio festival, foron presentados hoxe por Jacobo Sutil, director da Agadic; Sonia Outón, concelleira de Cultura de Vilagarcía; Xoán Quintáns, director do Revenidas; e Fran Núñez, codirector deste traballo.

Nos seus tres días de celebración, o recinto do parque Dona Concha de Vilaxoán rexistrou máis de 10.300 visitas, das que un 14% procedían de fóra de Galicia. Así mesmo, o gasto medio por persoa e día estímase –sen incluír transporte– en 46,37 euros, do que un 28% repercute directamente na área de Arousa.

Retorno do investimento autonómico
Como no caso dos estudos realizados e xa presentados sobre PortAmérica, Sinsal Son Estrella Galicia e SonRías Baixas, Jacobo Sutil fixo fincapé nas marxes de retorno do impacto económico, que aquí se sitúan entre 2,94 e 3,48 euros por cada euro investido polo festival. Explicou, ademais, que estas cifras increméntanse, ademais de dar conta da excelente optimización do investimento público, no caso da achega da Xunta a través da convocatoria de subvencións da Agadic a festivais profesionais de música, situándose entre 26,22 e 31 euros por cada euro dos 21.676 adxudicados en 2018 a Revenidas.

Perfil do público
Tamén resulta relevante analizar o perfil de asistente máis común (muller, galega, de entre 25 a 34 anos, con estudos universitarios e traballadora por conta allea), que entronca co traballo que, tanto FEST Galicia como a organización do festival, veñen desenvolvendo a prol dunha programación con perspectiva de xénero e da incorporación de mulleres nos postos de responsabilidade e técnicos.

A moi positiva valoración do público, que lle outorga a esta décimo quinta edición unha nota de 8,2 sobre 10, é outro dos datos salientables deste informe. Así, na puntuación dos servizos superan os oito puntos a súa localización e integración na contorna, a puntualidade dos eventos, o trato do persoal, a sensación de seguridade e os horarios. Estas elevadas notas esténdese tamén aos intanxibles e ao impacto social: mellora o coñecemento da localidade (9,12) e a súa imaxe (8,45), atrae turismo (8,55), xera impacto económico (8,78) e orgullo local (8,49).

Na presentación tamén se explicou o sistema de medición empregado: Avaliación 360º, unha metodoloxía pioneira e orixinal, que Fran Núñez desenvolveu na súa tese de doutoramento e que se explica nun manual editado este mesmo ano pola Agadic. Xunto co de Vilaxoán, empregouse tamén para medir o impacto doutros catro eventos dos 10 adheridos a FEST Galicia: PortAmérica, Sinsal, Resurrection Fest e SonRías Baixas.

No Revenidas, o grupo de traballo da USC formou parte do equipo de FEST Galicia desprazado ao festival, onde a marca contou cun stand propio desde o que se difundiron diferentes campañas de concienciación en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dando así conta do carácter transversal desta iniciativa, que botou a andar o pasado mes de xuño tras meses de traballo xunto ao sector.

FEST Galicia patrocinou, así mesmo, un dos escenarios do festival e mais as pulseiras cashless que incorporou este ano para controlar o acceso ao recinto e para pagar nos puntos de comida, bebida e merchandising, ademais dun dos escenarios do evento.

Manual de boas prácticas
Sutil incidiu en que a elaboración deste informe está a ser o punto de partida para o deseño de novas medidas que redunden nos valores que FEST Galicia promove, como é o caso do inicio dos traballos cara á redacción dun manual boas prácticas para os eventos asociados, tal e como foi anunciado a pasada semana.

En estreita relación con esta medida, a medio prazo desenvolverase un selo distintivo que recoñeza e lles dea visibilidade aos festivais musicais galegos organizados con criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -