_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Deputación confirma a subvención para a mellora da mobilidade e seguridade viaria na contorna de Fexdega

A Deputación Provincial de Pontevedra vén de confirmar a inclusión do Concello de Vilagarcía no Plan Depo-Remse e a concesión da subvención de 309.346 euros solicitada por Ravella para acometer a obra de mellora da mobilidade e seguridade viaria na contorna de Fexdega. O Concello aportará 77.336 euros para completar o orzamento da actuación que afectará as rúas que bordean o recinto feiral da Maroma (Figueira, Nogueira e Limoeiro), comunicando a Avenida Rodrigo de Mendoza con Agustín Romero. En total investiranse 386.683 euros nunha actuación moi necesaria debido ao incremento do tráfico rodado nesa zona.
08.10.2018.- O Plan Depo-Remse ten como obxectivo financiar actuacións de mellora da accesibilidade e seguridade en viarios municipais e nas contornas de centros de gran atracción de público, condición que cumpre o recinto feiral de Fexdega que, como se sabe, se usa tamén como pavillón deportivo.


O proxecto que se vai a levar a cabo consiste en consolidar un ancho fixo de 5 metros para a plataforma de circulación rodada, deixando o resto para beirarrúas, que nun caso se crearán, noutros se ampliarán e noutros se mellorarán seguindo os criterios de accesibilidade. Mantendo a liña que seguen todas as obras proxectadas polo actual goberno, tamén se renovarán todos os servizos, o que implica actuar sobre as canalizacións de electricidade, auga potable, augas residuais, etcétera. Por último, mellorararse a sinalización horizontal e vertical, o que inclúe os pasos de peóns.

Ademais, para facilitar o acceso á avenida Agustín Romero, o proxecto prevé a demolición dun pequeno galpón situado ao final da rúa Limoeiro. Con elo gañarase visibilidade nunha saída que, aínda que está regulada por semáforo, prodúcese nunha curva e a escasos metros doutro cruce.

A Xunta local de Goberno tomou coñecemento na reunión desta mañá da concesión da subvención. Tras este paso, Concello e Deputación deberán asinar o convenio de colaboración, posto que se trata dunha obra cofinanciada polas dúas administracións. Posteriormente, redactaranse os pregos para sacar a licitación a obra que se financiará en dúas anualidades, as correspondentes aos anos 2018 e 2019.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -