_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade imparte en outubro o obradoiro “Arte e Saúde” para mulleres en situación de vulnerabilidade

A área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza unha nova edición do obradoiro “Arte e Saúde”, dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade. Estas actividades enmárcanse no programa de sensibilización en igualdade e recuperación persoal que oferta o servizo para favorecer o autocoñecemento e autocoidado das súas usuarias. Trátase dunha actividade financiada polo Concello cunha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra.
21.09.2018.- A terapia a través da arte é unha disciplina especializada en acompañar, facilitar e posibilitar un cambio significativo na persoa mediante a utilización de diversos medios artísticos. Utiliza a expresión artística como canal alternativo de comunicación e exteriorización de ideas e sentimentos, argumentando máis alá do terreo verbal.

O curso está dirixido a 15 mulleres. Desenvolverase entre o 8 de outubro e o 3 de decembro, ambos incluídos, e impartirase os luns e xoves entre as 10.00 e as 12.00 nos locais da Escola Obradoiro Municipal.

As mulleres que o desexen poderán inscribirse na área de Igualdade do 24 de setembro ao 4 de outubro. O formulario de inscrición está dispoñible no taboleiro de anuncios da páxina web municipal.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -