_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Touriñán e Carlos Blanco farán triplete en Vilagarcía a primeira fin de semana de outubro

Touriñán e Carlos Blanco farán triplete a primeira fin de semana en Vilagarcía con “Somos Criminais”. Maila ser a segunda vez no que vai de ano que os humoristas galegos representen no Auditorio Municipal este espectáculo, a venta de entradas vai tan disparada para as dúas funcións previstas inicialmente, que xa se confirmou un terceiro pase.
20.09.2018.- En principio, “Somos Criminais” ía representarse o venres 5 e o sábado 6 de outubro ás 20:00 horas. Estas dúas funci´`ons mantéñense e xa están á venta as localidades para a terceira que terá lugar ese mesmo sábado a partir das 18:00 horas.

“Somos Criminais” tivo dende a súa estrea unha excelente acollida de público en toda Galicia, pero o caso de Vilagarcía non ten parangón. Blanco e Touriñán colgaron o cartel de “aforo completo” nas dúas funcións que deron en primavera no Auditorio Municipal (en principio so tiñan programa unha), e agora, aínda sendo máis previsores e programando xa de inicio dous pases, o público da bisbarra segue sorprendéndoos gratamente, obrigándoos a realizar unha terceira función para non deixar a ninguén sen ver “Somos Criminais”.

As entradas para asistir a estas novas funcións en Vilagarcía xa se poden adquirir a través de http://www.ticketea.com e da billeteira telefónica 902044226. As localidades na venta anticipada véndense a 15, 13 e 11 euros (máis custes de xestión). Os prezos serán un pouco máis elevados os días das funcións (17, 15 e 13 euros).

En “Somos Criminais” Touriñán e Carlos Blanco tratan de dar resposta a preguntas como “Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Sempre da perspectiva da típica retranca galaica, os cómicos analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión á que chegan clara: “ Somos Criminais!”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -