_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello traslada á Xunta de Galicia as demandas dos veciños sobre a ampliación do servizo de autobús urbano

O Concello de Vilagarcía remitiu á Xunta de Galicia o escrito presentado por veciños demandando a mellora e adecuación das liñas de transporte público urbano no municipio. Entre as medidas solicitadas polos usuarios atópanse o aumento das frecuencias horarias en servizos existentes e a creación de novas liñas diarias e continuadas para dar servizo a zonas do municipio ás que actualmente non chega o autobús.
20.09.2018.- A Xunta Local de Goberno acordou remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda o escrito asinado por máis dun cento de veciños, posto que a regulación do transporte público é unha competencia da administración autonómica e dado que, neste momentos, a Consellería está a elaborar o novo Plan de Transporte para renovar as concesións para a prestación dos servizos de autobús en toda a comunidade.

O Concello tamén se dirixiu aos veciños informándolles do traslado da petición á autoridade competente e das xestións que o goberno local ten realizado xa ante a administración autonómica, así como das reunión solicitadas para continuar expoñendo as necesidades de Vilagarcía en materia de transporte público urbano e interurbano. O executivo

Entre as demandas expostas polos veciños atópanse a ampliación xeral de frecuencias nas liñas do transporte urbano que dan servizo a zonas como Cea, Trabanca Badiña, Trabanca Sardiñeira e A Torre (algunha das cales non dispoñen de ningún servizo de tarde e só contan con un ou dous pola mañá), a creación de liñas para lugares como Lago, Fontecarmoa, Castroagudín, Galáns, Rubiáns aos que na actualidade non chega o bus urbano, a ampliación de horario de tarde-noite nas liñas a Bamio e O Rial ou a prolongación do percorrido na zona do Freixo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -