_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O paseo nocturno en bici e o circuíto de circulación viaria regresan con motivo da Semana Europea da Mobilidade

Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Vilagarcía en colaboración coa asociación Arousa en Bici, programa a partir do sábado 22 de setembro a celebración do tradicional Paseo Nocturno en Bici e o circuíto de circulación viaria para escolares e público en xeral. A Semana Europea da Mobilidade leva este ano por lema “Combina e móvete” coa finalidade de promover a combinación de medios de transporte alternativos ao coche particular (bus, bici, coche compartido e a pé) para reducir o tráfico rodado, a contaminación e acadar cidades nas que predomine o uso peonil, máis seguras e libres de ruídos e contaminación.
19.09.2018.- Este ano, os actos en Vilagarcía comezarán o sábado 22, coincidindo coa celebración do Día sen Coches. Para esta xornada está prevista a celebración do Paseo nocturno en bici entre Vilagarcía, Vilaxoán e Carril. Esta actividade está aberta á participación de todo o mundo, sen límite de idade, e que sairá ás 21.00 horas do Parque do Cavadelo. O percorrido será similiar ao de anos anteriores, collendo polo carril bici por Valle Inclán, cara Vilaxoán por orillamar para dar a volta na praia do Preguntoiro e regresar a Vilagarcía polo mesmo lugar. No parque do Centenario seguirase polo carril bici para ir ata Carril polo paseo marítimo e regresar a Vilagarcía seguindo este mesmo percorrido.

O circuíto de circulación viaria que impartirá a Policía Local de Vilagarcía funcionará o xoves 27 e o venres 28 en horario de mañá e tarde na Praza da II República. Pola mañá, a actividade estará centrada en grupos de escolares con visitas concertadas dos centros educativos. Pola tarde abrirase ao público en xeral. Con este circuíto, a Policía tratará de formar e sensibilizar á poboación, especialmente á infantil e xuvenil, sobre as normas de circulación e de seguridade que deben cumprir á hora de circular en bici ou camiñar a pé polas rúas da cidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -