_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación amplía a oferta de escolas de deporte base coa especialidade de ximnasia rítmica

A Fundación Municipal de Deportes abriu o luns o prazo para anotarse nas actividades deportivas infantís a impartir entre outubro e xuño. O organismo que preside Argimiro Serén segue ampliando a carta das escolas de base, que este ano oferta un total de 15 especialidades ao incorporar a de ximnasia rítmica. Os interesados dispoñen de prazo para anotarse ata o 3 de outubro. As clases comezarán o 8 dese mesmo mes.
18.09.2018.- Como é habitual, a Fundación organiza tres tipos de escolas deportivas en función das idades dos participantes e para cubrir a franxa dos 4 aos 15 anos: A escola de Psicomotricidade para os máis cativos (nados nos anos 2013 e 2014), a Multideportiva para os medianos (nados entre 2010 e 2012), e as de Base para os máis maiores (nados entre 2003 e 2009).

Na escola de psicomotricidade, os cativos practican xogos tendentes a mellorar a súa mobilidade, equilibrio, coordinación…e na multideportiva teñen o seu primeiro contacto con diferentes disciplinas deportivas ao longo do curso co obxecto de que vaian coñecéndoas para posteriormente decantarse polas que máis lle gustan dentro da oferta das escolas de Base.

15 especialidades a elixir

Nas escolas de Deporte Base, os participantes, dedícanse durante todo o curso a unha soa especialidade deportiva. A carta que oferta a Fundación para que os rapaces e rapazas poidan elixir é moia ampla e inclúe tanto deportes maioritarios como outras disciplinas. Inclúe 15 especialidades, coa incorporación deste ano da de ximnasia rítmica. As demais son fútbol, patinaxe, tenis de mesa, acrobacias de artes marciais, baloncesto, tenis, rugby, aerobic, volei, baile deportivo, xadrez, artes marciais e atletismo.

Inscrición e cotas

O custe total da inscrición para todo o curso é de 12 euros. Os nenos, no caso das Escolas deportivas de Base, poderán anotarse en dúas disciplinas polo mesmo prezo. A asistencia será de balde si se conta co carné da Fundación ou carné familiar e, tamén se ofertan bonificacións.

Os formularios de inscrición están pendurados no taboleiro de anuncios da web municipal e tamén se poden recoller na sede da Fundación. Unha vez cubertos, deben entregarse nas oficinas do organismo (sitas en Fexdega), de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. O prazo remata o 3 de outubro e as actividades comezarán a impartirse o día 8 do mesmo mes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -