DEPORTE
A Fundación abre o prazo de inscrición nas actividades de inverno para adultos A Fundación Municipal de deportes abriu hoxe o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de adultos que se impartirán de outubro a xuño. Os interesados poderán elixir entre as 9 especialidades deportivas que se ofertan para persoas maiores de 16 anos: ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi, ioga, pilates, e circuitraining. Os interesados dispoñen de prazo ata o día 3 de outubro para formalizar as súas inscricións.
17.09.2018.- Os formularios das actividades pódense recoller na mesma sede da Fundación de Deportes, sita en Fexdega, ou premer dende o taboleiro da web municipal. Ademais do formulario xeral, para 8 das actividades, súmase un específico para pilates, especialidade que contará tamén este ano con 10 grupos e horarios entre os que se poderán decantar os interesados. Tamén está dispoñible o formulario de solicitude e renovación de carné, cuxo prazo tamén está aberto.
Prezos
O carné individual xenérico de socio da Fundación ten un custe de 45 euros e o familiar 60, e serve para realizar as actividades durante todo o ano. Tamén hai cotas bonificadas para xóvenes e maiores de 65 anos, e descontos por nivel baixo de ingresos e para familias numerosas, segundo se recolle nas follas de solicitude.
Se non se quere obter o carné, os adultos poderán anotarse nas actividades cada trimestre por 18 euros (ata o máximo de 4 actividades).