AVISOS
O paso da Volta Ciclista a Galicia provocará cortes de tráfico entre as 14 e as 14.30 horas do venres A Volta Ciclista a Galicia pasará o venres, 21 de setembro por Vilagarcía polo que a Policía Local advirte de que as rúas incluídas no percorrido da proba sufrirán cortes de tráfico entre as 14 e as 14:30 horas. Os corredores entrarán á cidade polo Rial, procedentes de Cambados, e atravesarán o municipio de sur a norte, para abandonalo por Carril e Bamio en dirección a Catoira.
14.09.2018.- O paso dos ciclistas por Vilagarcía inclúese na segunda da etapa da Volta a Galicia, cun percorrido en forma de circuíto con saída dende Sanxenxo e meta en Portonovo.
O percorrido por Vilagarcía é o seguinte:
Entrarán en Vilagarcía pola PO549, na zona do Rial para continuar pola Avenida de Vilanova e a Avenida de Cambados. Na rotonda do enlace do Porto baixarán por Pablo Picasso para proseguir pola avenida Valle Inclán e a Avenida da Mariña, desembocando na rotonda do Ramal cara a Rosalía de Castro en dirección Carril, dirixíndose polas rúas Valentín Viqueira e Rúa Cervantes cara Bamio pola PO-548 en dirección a Catoira.
A Policía Local advirte de que os horarios poden sufrir lixeiras variacións en función do desenvolvemento da proba deportiva. As rúas reabriranse ao tráfico a medida que vaia pasando o pelotón e tan pronto como sexa posible.