_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno propón para 2019 rebaixar o IBI rústico un 14,3%, reducir o urbano e conxelar as demais taxas

O grupo de traballo de revisión das ordenanzas municipais volveu a reunirse esta mañá para continuar avanzando na actualización de taxas para o ano 2019. O goberno local presentou aos membros da oposición a súa proposta, consistente en rebaixar por cuarto ano consecutivo o coeficiente do IBI urbano, a baixada do 14,3% no rústico e a conxelación das demais taxas. A medida dos socialistas está aberta á negociación, sempre atendendo a criterios de equilibrio económico das arcas municipais.
13.09.2018.- A redución fiscal máis importante é a que o executivo que preside Alberto Varela propón para a "rústica", cunha redución do coeficiente do 0.70 actual ata o 0.60. Para o recibo da contribución "urbana", os socialistas propoñen a cuarta baixada consecutiva do mandato, co que o coeficiente a aplicar en 2019 quedaría no 0.52 moi lonxe do 0.60 co comezou a lexislatura en 2015. Esta última redución mellora incluso as previsións máis optimistas dos socialistas que no se programa electoral comprometíanse a reducir gradualmente o IBI ata o 0.54 nos seguintes catro anos, solo por debaixo do cal xa se situaron este ano no que o tipo aplicado foi do 0.53.

As rebaixas no recibo da contribución propostas polo executivo socialista fundaméntase nos cálculos realizados polo Servizo de Tesourería e establécense de forma que os ingresos municipais non se vexan resentidos e para seguir mantendo o equilibrio orzamentario que garanta a prestación de servizos, a execución de investimentos e o mantemento das axudas e programas sociais postos en marcha polo goberno no que vai de mandato. Neste último apartado cómpre salientar que se manterá a bolsa de axudas para o pago do IBI ás familias e propietarios con recursos económicos baixos, as distintas bonificacións fiscais existentes e que se foron incrementando nos últimos anos, ou as axudas de carácter social creadas polo actual goberno para estudos universitarios e superiores ou para a creación de emprego.

Baixo estes requisitos de equilibrio presupostario, o goberno expuxo que a proposta está aberta á negociación e que esperan recibir propostas dos grupos da oposición.

No encontro tamén se informou aos grupos do avance da elaboración da Ordenanza de Publicidade, da que se está ultimando a regulación no ámbito urbanístico para pasar logo ao plano fiscal.

A reunión desta mañá, á que asistiron representantes de todos os grupos da Corporación, é a terceira mantida polo grupo de traballo de revisión de ordenanzas. Na anterior expúxose a proposta do goberno de creación de novas bonificacións no IAE, IBI e ICIO destinadas a empresas e autónomos co obxectivo de fomentar a creación de Emprego. Trataríase de deducións por tramos que poden chegar ata o 95% do importe do recibo e as que se poderían acoller para empresas de nova creación ou que amplíen instalacións, sempre ligadas á creación de postos de traballo, así como autónomos.

A oposición tamén ten dende a primeira reunión o borrador da nova ordenanza que ten previsto gravar ás grandes compañías subministradoras de enerxía polos tendidos e canalizacións instalados en dominio público municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -