_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os encontros sobre creación artística “Os Martes, Arte” inician un novo curso no Auditorio

Coa inminente chegada do outono, Vilagarcía retoma un dos programas lúdico didáctico que xa son habituais na programación anual. Trátase de “Os Martes, Arte”, os encontros sobre creación artística impartidos polo profesor Augusto Guedes. As sesións comezan a próxima semana, o 18 de setembro, e celebraranse na sala de conferencias do Auditorio Municipal todos os martes a partir das 19:30 horas. A actividade é libre e gratuíta e non ten límite de idade. A Concellería de Cultura colabora na organización deste programa.
13.09.2018.- Os Martes, Arte” é un programa que pretende achegar o arte á cidadanía dun xeito didáctico, divertido e accesible a calquera, teña ou non coñecementos sobre a materia. Como xa ven sendo costume, o curso programarase en dúas partes. Na primeira abordarase o arte antigo ou histórico, e na segunda o arte contemporáneo.

Para comezar esta nova edición, a XVI, rematarase a análise de obras prerrománicas iniciado na anterior tempada, e comezarase a traballar co románico. No apartado de arte contemporáneo estudarase a obra do pintor chinés Cai Guo Chiang, que se caracteriza por usar a pólvora como material nas súas obras.

Ás sesións de “Os Martes, Arte” poderá asistir calquera persoa que o desexe, sen necesidade de inscribirse previamente nin de ter coñecementos previos de arte. A actividade estará dirixida por Guedes que, de xeito interactivo e dinámico, explicará aos asistentes o contexto da obra a estudio, as súas características, as circunstancias do autor, técnicas e outros aspectos precisos para entender o que pretendeu expresar o creador ou o significado da obra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -