_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela pide ao conselleiro de Política Social que axilice a dotación de equipamentos da Escola Infantil de Vilaxoán

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela solicitou ao conselleiro de Política Social a axilización do trámite para concretar a dotación de equipamento e mobiliario para a Escola Infantil de Vilaxoán, que se atopa na última fase de construción. A petición realizouna o rexedor local no transcurso da entrevista que mantivo este mediodía en Santiago con Xosé Manuel Rey Varela.
11.09.2018.- Como se sabe, o Concello de Vilagarcía está a construír a que será a terceira escola infantil pública do municipio, unha obra na que a administración local investiu 589.000 euros para a construción do edificio, suma que financiou a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación. Tras as xestións realizadas polo goberno local, a consellería confirmou xa hai tempo que o centro se integraría na Rede Galega de Escolas Infantís que xestiona o Consorcio Público de Servizos de Igualdade e Benestar. Ademais, e tras a reunión mantida co xerente do Consorcio, tamén se acordou que o ente público asumiría a meirande parte o investimento da dotación de equipamento e mobiliario para a posta en marcha do centro.

Para ir pechando temas e adiantando trámites, o alcalde pediu ao conselleiro que trate de axilizar a reunión que o Concello ten solicitada dende o mes de xullo co xerente do Consorcio co fin de concretar definitivamente a adquisición do material, de xeito que estea dispoñible para amoblar e dotar a escola infantil tan pronto como remate a obra, de xeito que o servizo poida empezar a prestarse sen máis dilación. O titular de Política Social da Xunta comprometeuse a xestionar esta entrevista co Consorcio.

Na reunión, o rexedor e o conselleiro tamén abordaron as actuacións que ambas administracións pretenden poñer en marcha para tratar de erradicar o chabolismo en Vilagarcía, en concreto o relacionado cos poboados xitanos. Aínda que xa se anunciara a colaboración da Xunta de Galicia nesta iniciativa, o conselleiro informou ao alcalde da convocatoria de subvencións ás que concorre Vilagarcía para a contratación dun educador social destinado en exclusiva cos habitantes destes poboados a efectos de sensibilizalos e traballar con eles en hábitos tendentes a súa integración social. Este é un paso previo imprescindible e necesario para rematar cos asentamentos de infravivendas nos que malviven e cunha problemática que afecta tamén aos habitantes das zonas veciñas.

A maiores da colaboración que manterán Concello e Xunta para abordar este tema, Varela e Rey tamén coincidiron na necesidade de implicar nestas iniciativas a outros colectivos e entidades de carácter social que xa están traballando cos habitantes destes poboados, como por exemplo Cáritas, que desenvolve programas coa poboación de etnia xitana dende hai anos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -