EMPREGO
O Concello informa sobre os requisitos formativos para acceder á selección de alumnos do obradoiro FORME 18 Ante o inminente inicio por parte do Servizo Público de Emprego (antigo INEM) da realización das sondaxes para a selección de aspirantes a participar no obradoiro de emprego FORME 18 que porá en marcha o Concello de Vilagarcía a partir de outono, a Concellería de Formación e Emprego do Concello de Vilagarcía informa á poboación desempregada dos requisitos formativos que se deben cumprir para acceder ao proceso selectivo en ámbalas dúas especialidades que se impartirán.
10.09.2018.- Para participar como alumno no módulo de Carpintería e Moble non se esixirán requisitos académicos nin profesionais. Os alumnos que completen esta formación recibirán o Certificado de profesionalidade NIVEL 1.
Os alumnos que participen no obradoiro e rematen a formación na especialidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante obterán o Certificado de profesionalidade NIVEL. Para acceder ao obradoiro nesta modalidade, os alumnos aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos formativos:
a) Estar en posesión do Título de Bacharelato b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo o módulos formativos e/o do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional. d) Cumprir o requisito académico de acceso os ciclos formativos de grado superior , o ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
O FORME 18 está destinado á formación e mellora da empregabilidade de desempregados de 18 anos en diante. Nesta ocasión desenvolverase un módulo de Carpintería e moble e outro de Promoción turística e información ao visitante, en cada un dos cales poderán formarse 10 alumnos. O obradoiro, que inclúe formación teórica e práctica laboral, terá unha duración de 9 meses nos cales os alumnos disporán dun contrato remunerado. Como novidade deste ano, no que se implanta o obradoiro dual, os alumnos que superen satisfactoriamente a formación, poderán realizar prácticas en empresas da zona durante outros 3 meses.
As persoas interesados en participar neste proxecto e que cumpran os requisitos mencionados deberán dirixirse á Oficina de Emprego do Servizo Publico de Emprego e manifestar o seu interese en participar en dito Obradoiro.