_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello propón un único carril con circulación alterna en Víctor Pita para continuar o paseo marítimo a Vilaxoán

Os veciños de Vilagarcía poderían ver cumprida a antiga de demanda de ver unidos Carril e Vilaxoán a través do paseo marítimo si prospera a solución proposta polo Concello para salvar os requisitos da Lei de Costas na Rúa Víctor Pita. Para poder dar continuidade ao paseo marítimo que actualmente remata en Ferrazo, e sen perder a vista do mar, o Concello propón un único carril con circulación rodada alterna en ambos sentidos e regulada por semáforos. Deste xeito, o carril que se elimina -o que vai pegado ao mar-aproveitaríase para habilitar un novo tramo de paseo peonil e de carril bici ata a praia de Canelas. A medida permitiría ademais gañar seguridade nun punto negro do viario municipal no que xa se teñen producido accidentes mortais.
08.09.2019.- O goberno local xa sondou hai meses a veciños de Sobradelo e de Vilaxoán sobre a alternativa que nas próximas semanas volverán a abordar xa con maior concreción cos colectivos e asociacións das dúas parroquias. De feito, o Concello encargou a redacción dun proxecto de reordenación do bordo litoral na Rúa Víctor Pita co obxecto de dar forma á idea.

A proposta estudouse tamén coa Policía Local, polo á de regulación do tráfico se refire, e cos responsables da Xefatura Territorial de Costas, que non puxeron impedimento algún ao non supoñer ningunha variación á actual ocupación e afección do dominio público marítimo terrestre. Este era o principal obstáculo que se atopaba ata o de agora a continuación do paseo marítimo ata Vilaxoán, posto que a actual Lei de Costas impide anchear a estrada cara o mar e tampouco permite ampliar o ancho da plataforma viaria mediante estruturas en voadizo, como se propuxera xa hai anos. Outra das medidas que barallara o Concello no mandato de Dolores García para salvar esta complicación era desviar o paseo polo interior, iniciativa que ademais de alonxar o paseo do mar, tampouco foi viable ao non chegar a acordo con todos os propietarios afectados.

A medida que propón agora o goberno que preside Alberto Varela salva todos os obstáculos da Lei de Costas, mantén o paseo pola beira do mar e aporta seguridade viaria, tanto para os peóns como para os coches que circulan por Víctor Pita. Este tramo da estrada presenta a dificultade de que carece de beirarrúa na parte que da ao mar e as pechadas curvas de Ferrazo e Canelas xa foron escenario de diversos accidentes de tráfico co resultado de morte.

Ademais de expoñer o proxecto aos veciños, o executivo pretende poñer a proba a medida durante un tempo para comprobar o funcionamento do único carril de circulación. Para elo instaranse semáforos provisionais en ambos extremos da vía, para regular o paso la circulación de vehículos de forma alterna nos dous sentidos. Si despois un tempo compróbase que o resultado é positivo, sería cando o Concello se poría a xestionar o financiamento necesario para sacar a licitación a obra da ampliación do paseo marítimo e o carril bici polo carril desafectado.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -