_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Luar na Lubre presenta en Vilagarcía o seu último traballo “Ribeira Sacra”

O grupo galego Luar na Lubre visitará en outubro Vilagarcía para presentar o seu último traballo discográfico que leva por título “Ribeira Sacra. A banda liderada por Bieito Romeu celebrará co público vilagarcián os seus 30 anos de traxectoria musical, o xoves 11 de outubro, cun concerto no Auditorio Municipal. As entradas xa se poden adquirir a través da web http://www.ticketea.com a 12, 15 e 18 euros (máis custes de xestión), ou o día da actuación na billeteira do Auditorio.
08.09.2018.- A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense). “Ribeira Sacra” ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.

Este novo traballo inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música”. Para o músico, este territorio “é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non o sexa, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”. Por iso, o traballo discográfico recolle nas letras feitos e personaxes históricos, como Romasanta, e de lenda, como os Felos de Maceda e Esgos, de fonda tradición etnográfica no entroido, ademais de textos en barrallete, a linguaxe dos afiadores.

“Ribeira Sacra• conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Juan A. Antepazode Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.

Luar Na Lubre
Luar Na Lubre foi premiada en numerosas ocasións con recoñecementos tanto a nivel galego e local, como a nivel estatal, con nove Premios da Música concedidos pola "Academia de las Artes y de la Música" ou cos dous discos de ouro por dous dos seus traballos ao superar as 50.000 copias vendidas en cada un de eles. O primeiro deses discos (Plenilunio) foi entregado por Mike Oldfield na súa casa de Londres, e alí foi onde o músico británico versionou "O Son Do Ar" retitulándoo como "The song of the sun" e incluíndoo como track número 1 do seu álbum ‘Voyager’ no ano 1996.Este momento foi transcendental para a historia da banda, xa que abriu a posibilidade de que a súa música fose coñecida por un público máis amplo.

Luar Na Lubre son:
Bieito Romero (gaitas, acordeón e zanfona)
Irma Macías (voz)
Antía Ameixeiras (violín)
Patxi Bermúdez (Bodhran, tambor, djembé)
Pedro Valero (guitarra acústica)
Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos)
Xan Cerqueiro (frautas)
Brais Maceiras (acordeón)

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -