_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O goberno flexibiliza máis os requisitos económicos das axudas municipais para estudos universitarios e superiores

A Xunta Local de Goberno aprobou o luns as bases para unha nova convocatoria das axudas para estudantes universitarios/as e de ciclos superiores de formación profesional que, residindo en Vilagarcía de Arousa, realicen os seus estudos fóra do termo municipal no curso 2017/2018. A principal novidade deste ano é que o goberno decidiu flexibilizar máis algúns dos requisitos económicos para que o maior número posible de estudantes poida acceder ás bolsas.
28.08.2018.- Esta será a terceira convocatoria desta liña de axudas creadas polo executivo socialista para garantir que os fillos de familias máis necesitadas puideran continuar a súa formación realizando estudos universitarios ou superiores que, como se sabe, supoñen un custe que non todas as familias poden asumir.

Para financiar as axudas para io curso 2018/19 disponse dunha partida de 40.000 euros financiadas a partes iguais polas concellerías de Educación e Servizos Sociais. As bolsas para estudantes universitarios serán de 400 euros e para estudantes de ciclos superiores de FP ou UNED de 200 euros.

O primeiro requisito que se flexibiliza é a axuda poderá obterse aínda que non se cumpran os requisitos esixidos no artigo 10.2 da lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, que se refire, entre outras condicións, á de non acharse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos que regulamentariamente se determinen. Isto é posible porque a ei tamén prevé a non aplicación deste requisito en base á propia natureza da subvención. Dende o executivo socialista considérase necesario aplicar esa excepción xa que estas axudas municipais están dirixida ás familias con niveis de renda máis baixos.

Outra novidade afecta ás rendas dos irmás menores de 25 anos dos solicitantes, xa que os seus ingresos, se os tivera, antes eran imputados á renda familiar no 100%, e agora só nun 50%.

A convocatoria tamén introduce unha medida de apoio ás familias de especial consideración ás que se refire a lei de familia 3/2011: No caso de familias monoparentais ou numerosas, incrementarase nunha persoa o número de membros que compoñen a unidade familiar. Se son familias acolledoras ou teñen ao seu cargo a persoas dependentes, con discapacidade ou maiores, engadirase un membro á unidade por cada unha delas. Se esa persoa non é considerada membro computable segundo o sinalado neste apartado, o solicitante manifestará a inclusión dela na unidade familiar e o da súa parella se a tivera.

Unha vez aprobadas as bases, a convocatoria das axudas municipais para estudos universitarios ou superiores deberá remitirse ao BOP para a súa publicación. O prazo de presentación de solicitudes abrirase un día despois ao da publicación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -