CONCELLO
O novo regulamento municipal de venda ambulante sométese á aprobación do Pleno O Pleno ordinario a celebrar o 30 de agosto inclúe entre os asuntos a tratar a aprobación inicial do Regulamento Municipal de Venta Ambulante. Tratase dunha norma de nova creación xa que ata o de agora so se abordaba este aspecto nunha disposición especial incluída no anterior Regulamento da Praza de Abastos e que se refería só ao mercadillo semanal. O novo regulamento afecta a todo tipo de venta ambulante a desenvolver na vía pública ou espazos de uso e dominio público do termo municipal (dende o mercado de martes e sábados, ata a venta de coches fora dos establecementos autorizados, pasando pola venta ambulante en postos desmontables ou en vehículos, tipo os camións de venta de froita que se instalan a pé de estrada).
22.08.2018.- O texto que se eleva ao Pleno foi consensuado previamente cos grupos da oposición nunha reunión específica celebrada hai semanas na que tamén se tratou o Regulamento de uso e funcionamento dos Mercados Públicos (Prazas de Abastos). De feito, algúns grupos presentaron propostas que foro incorporadas ao texto que tamén conta co visto bo dos técnicos municipais.
No que ao mercado e martes e sábados se refire, o texto regula a ordenación dos espazos para a venta ambulante para unha optimización do mesmo. A norma presta especial atención aos temas de limpeza e ornato a cumprir polos feirantes e sobre os que se intensificará a vixilancia ao tratarse este dun aspecto que se pretende mellorar para evitar a mala imaxe que produce as bolsas, caixas e demais lixo que queda espallado polo centro da cidade e o río tras o remate da actividade. De feito, endurécense as sancións que para as faltas leves serán de entre 30 e 100 euros, de 101 a 300 para as graves e de 300 a 900 as moi graves. Ademais, as graves poderán ir acompañadas cunha suspensión da actividade comercial durante un máximo de 15 días e de 30 no caso das moi graves, que incluso poden conlevar a revogación da licenza de venta no municipio.
A venta de vehículos na vía pública (fora dos establecementos autorizados e permanentes) ou en espazos de uso e/ou dominio público queda prohibida. A única excepción que se permitirá, previa obtención dun permiso municipal, será a venta ocasional por parte de un particular. Estes terán que dirixirse ao Concello para que se lles autorice e deberán levar visible unha tarxeta especial que terá unha validez de 6 meses.